TRADÚCEME

30 diciembre 2012

NNXX despide o ano e desexa un bó 2013

Onte os integrantes de Novas Xeracións de Narón despedimos o ano coa II Edición do Gol Solidario na que nos enfrontamos ao equipo formado polo Grupo Municipal. O acto contou coa presencia do xogador naronés do Deportivo d'A Coruña, Juan Domínguez, que apadriñou o partido e fixo o saque de honor.

Dito partido - no que os maiores impuxeronse cunha clara vantaxe - levounos a recaudar cuantiosos alimentos que serán destinados a Cáritas Interparroquial de Narón.

Do mesmo xeito, Novas Xeracións coordinou durante todo o Nadal a campaña que puxo en marcha a principios de mes Novas Xeracións de Galicia, "Un Nadal cheo de sorrisos", consistente na recollida de xoguetes que foron destinados á mesma organización.

Desde a nosa organización queremos agradecer profundamente todo o apoio amosado durante a xornada de onte, así coma durante todo o ano 2012.

Neste ano difícil, queremos agradecer a toda a xente que nos brindou o seu apoio nas pasadas eleccións e que fixeron que gañaramos case mil votos máis en Narón. Non obstante, tamén queremos desexar un bó ano 2013 a toda a xente. Das situacións difíciles tamén se sae, e farémolo entre todos e con confianza no futuro.

Que o ano 2013 sexa o da melloría. Unha aperta a tod@s.

No hay comentarios: