Novas Xeracións de Narón é a organización xuvenil do Partido Popular de Narón. Somos unha organización xuvenil de centro reformista, con vocación galeguista que ten como eixo da acción política a filosofia humanista cristián e os valores da liberdade e da democracia.
NNXX está constituida no seo do PP de Narón para proporcionar a plena participación dos mozos na vida interna do partido e a súa inclusión na defensa dos seus valores e principios, o que contribué, á súa vez, ao pleno desenvolvemento do art. 48 da Constitución Española.
Que facemos?
Preocúpannos os temas políticos, sociais e culturais, de modo que entre todos, abordamos estas materias, para tratar de mellorar a contorna de vida que nos rodea. Isto implica tamén, a realización de tarefas de crítica, oposición e rexeitamento de accións, que ao noso xuízo, non son positivas para o benestar xeral.
Intentamos que as conclusións ás que chegamos, cando analizamos un problema do distrito, non caian en saco roto, de modo que nos diriximos aos consellos de distrito e do partido, para sacalas adiante.
Facemos reunións cos compoñentes das sedes doutras localidades da Coruña, durante as cales facemos debates, escolas de verán e inverno, congresos e cursos de formación.
Participamos nas campañas electorais, así como nos actos que Novas Xeracións ou o Partido Popular levan a cabo.
Pretendemos que se nos escoite, de modo que lanzamos as nosas ideas a través dos medios que temos ao noso alcance, como este blog.
Nós creemos na política como medio para mellorar a sociedade na que vivimos. Creemos no respecto, na tolerancia, na democracia, nun país libre, un país que avanza, que progresa continuamente. Un país no que os mozos teñamos unha ilusión e un futuro que nos motive a seguir traballando con forza polo que queremos.
Desde Novas Xeracións sabemos que é importante participar activamente na nosa sociedade, a nosa opinión tamén conta e estamos dispostos a facela chegar ata onde faga falta, sempre a través de propostas constructivas. Para isto organizamos grupos de formación e grupos de debate dos que sacamos conclusións e propostas que elevamos ao órgano que corresponda para que sexan tidas en conta. Sempre no noso labor diario e voluntaria temos presente a tolerancia, a liberdade, o respecto, a igualdade e a solidariedade.
Aos mozos que formamos Novas Xeracións preocúpannos sobre todo os temas de política xuvenil como son a adquisición da primeira vivenda, os alugueres asequibles, a educación, o emprego, a cultura, o lecer saudable...etc. Sabemos que da posta en práctica destas políticas depende en parte o noso futuro, non queremos quedarnos á marxe e estamos dispostos a colaborar mediante propostas constructivas.
Abogamos pola tolerancia, o uso da palabra como único medio á hora de discutir sobre calquera materia. Estamos ilusionados e dispostos a estar aí para axudar, avanzar e lograr unha España que progresa baseándose no respecto, a liberdade e a democracia.
En Novas Xeracións creemos que todo o mundo ten algo que dicir, polo que desde aquí animámosvos a todos a que veñades coñecernos e que participedes.
Intentamos que as conclusións ás que chegamos, cando analizamos un problema do distrito, non caian en saco roto, de modo que nos diriximos aos consellos de distrito e do partido, para sacalas adiante.
Facemos reunións cos compoñentes das sedes doutras localidades da Coruña, durante as cales facemos debates, escolas de verán e inverno, congresos e cursos de formación.
Participamos nas campañas electorais, así como nos actos que Novas Xeracións ou o Partido Popular levan a cabo.
Pretendemos que se nos escoite, de modo que lanzamos as nosas ideas a través dos medios que temos ao noso alcance, como este blog.
1. Incorporar plenamente aos mozos ao servizo dunha sociedade democrático dentro do Ordenamento Constitucional
2. Promover a participación dos mozos nas tarefas do Partido Popular e nas institucións representativas.
3. Formular programas de actuación e de asistencia específica ao servizo da xuventude, para que sexan asumidos e defendidos polo PPdeG
4. Difundir e defender o proxecto político que representa o PPdeG entre os mozos
5. Mediante un programa de formación continua, proveer a incorporación ao Partido Popular de novos cadros que provengan de Novas Xeracións.
6. Articular e canalizar a política de xuventude do PP entre as sociedades españolas e europeas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario