TRADÚCEME

23 octubre 2008

A XUNTA INCREMENTA A DÉBEDA E O DÉFICIT EN CASE 1.700 MILLONS DE EUROS E DEIXA UN PUFO POR CADA GALEGO DE 620 EUROS

· Feijóo cre que os orzamentos do bipartito son “inaceptables” e deben “refacerse por completo” porque “non toman en serio a crise”

· Os presupostos son os de máis paro, máis déficit e, máis débeda

· Non pretenda un apoio sen condicións porque a austeridade real o gasto lóxico e as inversións ben enfocadas que non se dan nestas contas, son innegociables para o PPdeG

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo afirmou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia que, a Xunta incrementou a débeda e o déficit en case 1.700 millóns de euros e deixa un “pufo” de 620 euros por cada galego. O bipartito vai deixar Galicia máis endebedada e con máis déficit que nunca.
Unha vez estudiados os presupostos da Xunta cre que os orzamentos do bipartito son “inaceptables” e deben “refacerse por completo” porque “non toman en serio a crise”. “Borrón e contas novas, señor Touriño, porque estas contas emborronan as perspectivas de futuro de Galicia”, dixo Feijóo.

ORZAMENTOS IRREAIS
Feijóo afirmou que trala presentación dos presupostos confirma que os populares galegos nunca apoiarán uns orzamentos que son:




“PUFO DE 620 EUROS POR GALEGO”
Feijóo afirmou “non pretenda un apoio sen condicións porque a austeridade real o gasto lóxico e as inversións ben enfocadas que non se dan nestas contas son innegociables para o PPdeG”

“O PPdeG non lle vai dar un aval ao bipartito para que deixe un pufo a cada galego en 620 euros e a Galicia en case 1.700 millóns de euros en déficit e en deuda”, dixo o presidente dos populares galegos. Ademáis, os gastos de funcionamento da Xunta lonxe de afrontar un recurte medra un 5% e os investimentos tan só suben un 1,3%

Os orzamentos de 2009 son peores que os do 2008: o gasto para a Xunta sube catro veces máis que a inversión para os cidadáns. Este presupostos non son parte da solución, son parte do problema porque, son uns ornamentos ao revés.

No hay comentarios: