- A negativa da Xunta e dos responsables do PSOE a pronunciarse sobre a anunciada venda da filial de Sacyr que xestiona autoestradas (Itinere) revela que buscan cortinas de fume para ocultar que esa operación paralizará proxectos fundamentais para Galicia.
- A venda das concesión das autoestradas galegas deixará no aire promesas reiteradas con insistencia polo PSOE durante a actual lexislatura, como a ampliación da ponte de Rande, a mellora dos accesos ás cidades de Vigo e A Coruña, a execución dun terceiro carril no tramo de autoestrada que circunvala Santiago de Compostela ou as obras pendentes en Pontevedra.
- Mentres Xunta e PSOE eluden a operación que se aveciña, centos de milleiros de cidadáns de Vigo, da Coruña e de Santiago e das súas áreas metropolitanas continuarán padecendo, atascos e molestias, coas conseguintes perdas de tempo, de cartos e de risco para a súa integridade física.
- A incerteza creada pola operación de venda de Itinere leva ao PPdeG a esixir un pronunciamento público do presidente da Xunta no que debe explicar se o Goberno mantén ou non o compromiso de executar as obras comprometidas por el mesmo e pola súa conselleira de Política Territorial, en qué prazos e con qué orzamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario