TRADÚCEME

29 septiembre 2008

NOS PRÓXIMOS DOUS ANOS XUBILARANSE EN GALICIA UN MÍNIMO DE 300 MÉDICOS, MENTRES A XUNTA IGNORA COMO SUBSTITUÍLOS

Os hospitais da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense serán os que máis acusen as xubilacións que se aveciñan.-

- Nos próximos dous anos se xubilarán en Galicia un mínimo de 256 médicos especialistas e 64 de atención primaria, dos que 22 son pediatras, sen que a Administración autonómica teña habilitado medida algunha para cubrir esas baixas nun mercado laboral no que escasean estes profesionais.

- Os centros máis afectados polas xubilacións serán o Hospital Juan Canalejo da Coruña, que perderá 74 especialistas; o CHUS, con 68; o Complexo Hospitalario de Vigo, con 46; o de Pontevedra, con 25; e o de Ourense, con 21 facultativos. Por especialidades, o maior volume de xubilacións concentrarase en traumatoloxía (26 médicos menos), seguida de xinecoloxía (22), Pediatría hospitalaria (22) e Anestesia e Reanimación (14).

- O déficit de médicos que se aveciña incrementará aínda máis a sobrecarga laboral que xa padecen moitos facultativos e que está saíndo á luz con casos como o rexistrado no Complexo Hospitalario de Ourense, onde a baixa simultánea de 7 especialistas e as vacacións doutro provocaron que nin sequera haxa xinecólogos abondo para as gardas.

- Con todo, esa situación non é nova e existen antecedentes dun episodio similar no servizo de Pediatría do CHOU, mentres que os médicos da UCI do CHUS tamén están a mobilizarse para a chamar a atención sobre a excesiva carga de traballo á que se ven sometidos.

- Para superar a situación actual, que ameaza con agravarse nos vindeiros anos, o PPdeG propón medidas a curto prazo como unha reforma da política de recursos humanos que permita ofrecer contratos estables aos profesionais, evitando así as frecuentes perdas de facultativos que elixen destinos nos que se lles ofrecen mellores condicións de traballo.

- É necesario flexibilizar o modelo de xubilación, de xeito que os profesionais que o desexen, e cando as súas condicións físicas llo permitan, podan manterse en activo dentro do sistema público máis aló da idade establecida legalmente para a xubilación.

- O PPdeG propón un gran pacto entre as organizacións profesionais, a universidade e a administración sanitaria para incrementar o número de médicos nun 10,7% para manter unha taxa de 3,8 ou 3,9 facultativos por cada 1.000 habitantes.

- E para evitar a carencia puntual de especialistas nos diferentes puntos da xeografía autonómica, o PPdeG avoga por establecer un “pool central” de médicos de familia e especialistas, dependente da Consellería de Sanidade, que podan desprazarse puntualmente aos lugares onde se rexistran as maiores necesidades de persoal facultativo.

No hay comentarios: