TRADÚCEME

29 septiembre 2008

O PPDEG COMPROMÉTESE A CONSTRUÍR A EURORREXIÓN, DÍA A DÍA ENTRE TODOS, CON VIGO COMO CAPITAL

- O PPdeG comprométese a abrir unha nova axenda exterior da Xunta coa participación de todos e con Vigo como capital se o PPdeG alcanza a presidencia da Xunta de Galicia.

- O PPdeG non adoptará un acordo que afecte a Galicia sen escoitar ao resto das forzas porque Galicia se constrúe entre todos e non en contra de ninguén.

- MENOS FONDOS, PERDA DA SEDE E DE PESO POLÍTICO.- o balance do traballo desenvolto pola actual Xunta na presidencia da Comunidade de Traballo Norte de Portugal Galicia -que rematou o pasado luns- ten tres feitos salientables:

- A perda de 600 millóns de fondos europeos
- A perda da sede permanente do secretariado conxunto a favor de Badaxoz
- A perda do peso político da Xunta de Galicia.

- No que se refire a perda de fondos, dicir que se produxo unha rebaixa do 300%. Neste senso, no período 2000-2005 –goberno popular- os fondos foron de 800 millóns de euros, mentres que na nova negociación 2007-2011 -goberno socialista- se fixou unha cantidade de 200 millóns, cunha perda de 600 millóns de euros.

- Hai que subliñar tamén os graves efectos que terá para Vigo a perda da sede do secretariado permanente España-Portugal en favor de Badaxoz, un feito que se completa coa falta de peso político da Xunta que se materializou no acto de entrega da presidencia da Comunidade de Traballo, en Santiago o pasado luns.

- UNHA AGRUPACIÓN PARA GALICIA SEN FONDOS EUROPEOS.- o PPdeG exemplifica esta perda de peso co feito de que ningún comisario europeo, director xeral da UE, ou membros do goberno portugués asistisen á conferencia. Tan só participou a ministra de Administracións Públicas, a mesma que está negando o tren de alta velocidade a Galicia, unha das principais reivindicacións da Eurorrexión.

- O balance que se pode facer é o dunha oportunidade perdida. Hai que cualificar tamén de “engano” a intención da Xunta de “vender” como un éxito a sede para Galicia da Agrupación Europea de Cooperación Territorial.

- A agrupación europea de cooperación territorial é un mero ente xurídico sen financiamento europeo, sen funcionarios europeos e, sen fondos comunitarios. Galicia e Vigo deben saber que o organismo comunitario que se encarga de repartir os fondos de interreg foise a Badaxoz e que Vigo e Galicia perderon.

- DEVOLVER O LIDERAZGO A GALICIA.- fronte a esta situación, o PPdeG mostra o seu compromiso para non perder catro anos máis nas súas relacións exteriores. Para elo o PPdeG ofrece o consenso e o diálogo ao servicio dos cidadáns e dos intereses xerais de Galicia. É necesario recuperar o noso prestixio e converter a Vigo na sede da Eurorrexión xa que a cidade olívica debe ser a capital dos seis millóns de habitantes que conforman Galicia e o Norte de Portugal.

No hay comentarios: