TRADÚCEME

09 junio 2008

PARO NA PESCA E NO TRANSPORTE

- O peixe podería empezar a escasear en Galicia desde mañá nos puntos de venta.

- Mentres, o Goberno central segue sen concretar ningunha medida para resolver a crise que viven ámbolos dous sectores.

En Galicia.-

- Somos a Comunidade xunto con Estremadura con máis baixada do índice de producción industrial de España.

- Somos a Comunidade onde máis caeu o nivel de afiliacións á Seguridade Social desde o ano 1991.

- Temos xa 6 puntos de incremento de paro nos últimos doce meses.

- A todo isto hai que engadir unha crise no sector lácteo e unha crise no sector pesqueiro.

- Estamos cun sector primario en crise e cun sector de industria coa maior caída de producción.

- CRISE SECTOR PESQUEIRO.- estamos ante unha situación de enorme complexidade onde sorprendentemente a conselleira de Pesca non existe e o señor Touriño está máis preocupado por controlar os baróns provinciais do PSOE que polas 27.000 familias do sector da pesca.

No hay comentarios: