TRADÚCEME

09 junio 2008

Bruxelas pode sancionar a Galicia polo caso da axente electoral do PSOE

- O PPdeG recomendará á Xunta que informe á UE do uso que fixo de parte do diñeiro do Fondo Social que Bruxelas destina a Galicia cada ano para fomentar a inserción laboral.

- O PPdeG, a través do seu ditame final da comisión da axente electoral, aconsellarán ao Goberno galego que remita á UE un informe sobre o ocorrido no caso de María Isabel Blanco, no que existiron graves irregularidades desde o punto de vista laboral, e que afectan a eses fondos.

- O PPdeG non denunciará o caso en Bruxelas porque non fará nada que poida derivar en multas millonarias para Galicia, pero a Xunta debe actuar con responsabilidade e informar do sucedido, para evitar que Bruxelas actúe de oficio e sancione a Galicia de modo exemplar.

- Cabe recordar que España recibiu este ano máis de 20 millóns de euros deste Fondo Social Europeo para a integración laboral na Comunidade.

No hay comentarios: