A AUTOVÍA DO BARBANZA tiña que estar rematada desde antes do nadal e non debería pechar os seus dous carrís durante a obra
A VARIANTE DE NOIA suma cinco anos de retraso
A VÍA DE ALTA CAPACIDADE CARBALLO-FISTERRA suma un retraso de entre dous e tres anos
A VÍA DA COSTA NORTE FERROL- SAN CIBRAO leva dous anos de retraso
A AUTOVÍA FERROL-VILALBA leva entre dous e tres anos de retraso e Galicia pagou 40 millóns de euros que tiña que costear o Estado
A AUTOVÍA NADELA-SARRIA leva un ano e medio de retraso e a de SARRIA-MONFORTE suma tres anos
Retraso dun ano na AUTOESTRADA DOZÓN-OURENSE e de máis de dous anos entre CELANOVA-FRONTEIRA PORTUGUESA
A AUTOVÍA DE PONTEVEA-SANTIAGO tiña que estar rematada desde hai un ano
A AUTOVÍA DO SALNÉS tiña que estar rematada desde antes do Nadal
A AUTOVÍA TUI-A GUARDA tiña que estar este ano en servizo e leva máis de dous anos de retraso
A VÍA ÁRTABRA ten un retraso de alomenos tres anos
- Se o bipartito tivese actuado con responsabilidade no que vai de lexislatura, Galicia tería, agora mesmo, 10 vías de alta capacidade rematadas e non unha e media.
- Logo de tres anos de bipartito, Galicia conta tan só con 35 quilómetros de VACs rematados, cando debería ter en servizo arredor de 230 quilómetros.
- Tres anos despois tan só o 15% dos quilómetros de novas vías de alta capacidade están rematados. É dicir, unha e media: a autovía entre Santiago-Brión e un tramo da Autovía entre Lalín e Ourense, concretamente o tramo Dozón-Cea.
- Diante destas cifras o resultado é obvio; xa que se se podía sacar un dez e se sacou un 1,5 a nota en materia de infraestrutura é para o bipartito de moi deficiente.
- Asimesmo, subliñar que as vías pendentes acumulan un retraso medio de máis de dous anos, chegando nalgúns casos ata cinco anos de retraso.
- AUTOVÍA DO SALNÉS.- tiña que estar finalizada xa desde fai 6 meses. Retraso entre seis e dez meses.
- AUTOVÍA DO BARBANZA.- o PP deixou elaborado o informe técnico de adxudicación. Leva un retraso acumulado de 1 ano.
- AUTOVÍA SANTIAGO-PONTEVEA.- tiña que estar en servizo desde fai máis dun ano.
- AUTOVÍA FERROL-VILALBA.- leva un retraso acumulado de ano e medio. A Xunta paga o tramo da autovía Cabreiros-Vilalba, cando tiña que estar financiado polo ministerio de Fomento conforme ao convenio. Estamos a falar dun ano e medio de retraso e de 40 millóns de euros perdidos pola Xunta.
- AUTOESTRADA DOZÓN-OURENSE.- retraso aproximado dun ano.
- VÍA ALTA CAPACIDADE NADELA-SARRIA.- todos os treitos tiñan que estar iniciadas as obras. Aínda hoxe, hai algún treito sen iniciar. Leva un retraso dun ano e medio.
- VÍA ALTA CAPACIDADE CARBALLO- FISTERRA.- o PP deixou esta obra lista para licitar. Tiña que estar licitada en setembro de 2005 e iniciadas as obras en 2006. A día de hoxe, aínda acaba de ser adxudicado un tramo nada máis. Leva un retraso de dous anos.
- VÍA ALTA CAPACIDADE BRIÓN-NOIA.- o PP deixou o proxecto constructivo en estado avanzado. Tiña que licitarse a principio de 2006. Leva un retraso de dous anos.
- VARIANTE DE NOIA.- as obras ían ser licitadas a finais de 2005 para ser iniciadas a principios de 2006. Finalmente, as obras non se iniciaron e o trazado mudou na súa totalidade. Non estará rematada ata 2012-2013. Retraso acumulado de 5 anos.
- VÍA ALTA CAPACIDADE SARRIA-MONFORTE.- descoñécese cando van ser licitadas as obras. O retraso mínimo será de 3 anos.
- VÍA ALTA CAPACIDADE TUI-A GUARDA.- tiña que estar licitada no primeiro trimestre de 2006. Finalmente cambiouse o trazado. Retraso mínimo de dous anos.
- VÍA ALTA CAPACIDADE CELANOVA-FRONTEIRA PORTUGUESA.- tiña que estar licitada a finais de 2005. Nada se sabe dela. Retraso mínimo de 30 meses.
- VÍA ÁRTABRA.- tiña que estar en obras no primeiro trimestre de 2006. Aínda non comezaron as obras. Retraso mínimo de 3 anos.
- VÍA ALTA CAPACIDADE FERROL- SAN CIBRAO.- o PP deixou a declaración de impacto ambiental favorable e a creación do proxecto constructivo. Aínda non se iniciou ningunha obra e leva un retraso mínimo de dous anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario