- O PPdeG adverte a Touriño de que o seu saldo de ética na Emigración hai tempo que está en números vermellos despois de que se destapara o caso da axente electoral socialista e da súa última viaxe en Bos Aires, que en lugar de ser institucional foi partidista.
- O PPdeG lamenta que Touriño convirta boas ideas en actos perversos como sucedeu na súa última viaxe a Bos Aires para celebrar o Día das Letras Galegas, xa que ese periplo supostamente institucional quedou viciado desde o primeiro momento nunha viaxe partidista financiada con cargo aos presupostos públicos.
- Así se demostra co cartel cheo de logotipos socialistas que distribuiron en man, pegaron na oficina da Xunta pública no Centro Galego e empapelaron moitas rúas de Bos Aires para anunciar a chegada do Presidente da Xunta.
- Para o PPdeG ese cartel é o retrato da hipocresía do PSOE na Emigración.
- O PPdeG insta ao Presidente a que pida perdón a todos os galegos porque os cidadáns pagaron cos seus cartos a viaxe electoral a Arxentina do Secretario Xeral do PSdeG e a súa comitiva.
- A confusión entre institución e partido é a folla de ruta do Goberno de Touriño
- Hai que lembrar un conxunto de decisións que incorren na dobre moral da actuación dos socialistas na Emigración, como foi:
- nomear embaixador en Bos Aires a un insigne deputado socialista,
- nomear a un embaixador sen embaixada para Emigración,
- nomear a unha deputada socialista ao fronte da Delegación da Xunta en Bos Aires, cun soldo de 92.000 euros, o soldo máis caro na historia da Xunta,
- ou que un candidato socialista fora que concedera axudas e pensións desde a Embaixada española en Arxentina en plena campaña electoral.
-AXENTE ELECTORAL: 5 FRAUDES NUN E 5 CARGOS SOCIALISTAS.- para o PPdeGe o fraude da axente electoral socialista son cinco fraudes nun: un fraude económico –billete de avión con fondos públicos-, parlamentario –a axente tamén traballou desde o Parlamento-, laboral –a axente estaba contratada para traballar en Ourense-, político –o soldo da axente estaba finaciado polo Conselleiro de Traballo e número 2 do PSOE galego- e electoral –o actual Alcade de Muxía era o beneficiario último da trama-.
- Un fraude que é o paradigma do que está sendo a política do PSOE na emigración: facer uso dos fondos e das institucións públicas para o seu beneficio electoral.
- Hai cinco cargos socialistas implicados neste fraude.
- Touriño ten que depurar responsabilidades e devolver o diñeiro público que o PSOE empregou en financiar axentes electorais.
- Se non o fai, a conclusión será moi clara: Touriño sabía da trama, permitiuna e tolerouna; e, por tanto, é tan responsable como o que máis deste fraude electoral.
-VOTO EN URNA NAS PRÓXIMAS AUTONÓMICAS.- Para o PPdeG esta sucesión de acontecementos, levan a Galicia á unha urxencia cara as vindeiras eleccións autonómicas: que os galegos que residen no exterior poidan exercer o seu voto coas mesmas garantías e coa mesma dignidade que os galegos que residen en Galicia, para que non se dubide da limpeza do seu lexítimo dereito a voto.
- Lembrar que o PSOE está a incumprir a súa promesa de que os emigrantes poidan votar en urna, como así sucedeu nas últimas Eleccións Xerais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario