- Fronte á actitude de crecente insurrección parlamentaria protagonizada polos membros do Goberno bipartito, que negan información, faltan ao respecto da Cámara e tratan de saltar o control democrático atribuído ao poder lexislativo, o PPdeG insta aos seus deputados a iniciar unha “folga de celo”.
- O PPdeG denuncia a sucesión de atrancos que o Bipartito está a impoñer aos deputados do PPdeG para tratar de limitar a función de control que a oposición ten atribuída en todos os réximes democráticos.
- As ordes do día das diferentes comisións parlamentarias están sendo reducidas deliberadamente, seguindo instrucións do Goberno, ata o punto de que nos últimos tres meses, tan só se teñen substanciado un total de 254 preguntas, das que un 42,1% corresponden a “autopreguntas” formuladas polo PSOE e o BNG ao Executivo.
- O PPdeG tan só tivo ocasión de formular 147 preguntas ao Goberno nos últimos tres meses, un dato que resulta especialmente significativo tendo en conta que o PPdeG se viu na obriga de solicitar a reconversión en preguntas de resposta oral dun elevado volume de solicitudes de información escrita que non foron atendidas nos prazos establecidos.
- A día de hoxe, o Goberno segue sen responder un total de 239 solicitudes de información, que se suman a máis de 2.000 preguntas de respostas escrita que seguen a ser ignoradas.
- No ránking de departamentos máis reacios a atender as solicitudes do Parlamento sitúanse as Consellerías de Cultura e a da Presidencia, que estendeu un manto se silencio sobre a política de contratación de persoal eventual e sobre as libres designacións.
- No mesmo período, o conxunto de comisións ordinarias que funcionan no Parlamento debateron tan só 32 proposicións non de lei.
- O baleiro de contido da maior parte das comisións neste período de sesións choca coa cantidade de iniciativas parlamentarias do PPdeG que permanecen á espera se ser incluídas na orde do día: 241 proposicións non de lei, practicamente a metade de todas as rexistradas desde o inicio da actual lexislatura.
- Nos últimos meses, o PPdeG viuse na obriga de formular 15 queixas formais ante a Presidencia do Parlamento para dar conta da actitude dos socios do bipartito e dos propios comparecentes.
- Canto maior é a actividade do PPdeG, máis se incrementa a presión da mordaza do Goberno para impedirnos desenvolver as nosas responsabilidades como oposición.
- Desde o inicio da actual lexislatura ata o momento actual, o PPdeG leva rexistrado un total de 16.124 iniciativas parlamentarias que o Goberno trata de limitar. Mentres, no mesmo período, os grupos que sustentan ao bipartito rexistraron 4.090 iniciativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario