TRADÚCEME

11 junio 2008

O PPdeG reitera a súa confianza na independencia da Xustiza

- O PPdeG reitera o seu respecto e a súa confianza na independencia da Xustiza.

- O PPdeG considera “anómalo” que a decisión da Fiscalía fose coñecida antes polos medios de comunicación que polas partes persoadas no proceso.

- A fiscalía fixo pública a súa petición de sobreseimento do proceso sen ter en conta unha petición de probas adicionais formulada recentemente polo representante legal do PPdeG.

- Con independencia de cal sexa finalmente a decisión do xuíz que instrúe o caso, ninguén pode negar ao PPdeG o seu dereito a continuar esixindo responsabilidades políticas pola sucesión de irregularidades cometidas por Política Territorial, que adxudicou a Autovía a unha oferta que implica un sobrecuste de 30 millóns de euros para as arcas públicas; encargou un informe “ad hoc” para efectuar a adxudicación e, a día de hoxe, continúa outorgando un trato de favor á constructora, escapando dos criterios seguidos para a adxudicación das restantes autovías.

- De feito, a Xunta permitiu o peche da anterior vía rápida a pesar de que o prego de cláusulas administrativas esixía compatibilizar o tráfico coas obras, o que repercute nun aforro adicional á constructora, cifrado en máis de 3,5 millóns de euros.

- Ademais, o peche da vía rápida supón unhas perdas de arredor de 3 millóns de euros mensuais para os usuarios da comarca e ten provocado outros prexuízos, como o peche do 10% dos establecementos hostaleiros da Barbanza polo descenso do número de visitantes.

No hay comentarios: