TRADÚCEME

05 junio 2008

O PPdeG loitará por que se saiba a verdade no caso da axente electoral do PSOE

- O PPdeG considera que o ditame acordado por PSOE e BNG sobre o caso da axente electoral é un ditame de costas á verdade.

- A pesar das manobras que leven a cabo socialistas e nacionalistas para ocultar a verdade, o PPdeG loitará para que se saiba.

- Ata agora só se coñece a punta do iceberg dunha trama creada para, presuntamente, desviar fondos públicos ás arcas do PSOE.

- Só coñecemos unha parte deste caso porque nos negan documentación e testemuñas clave para aclaralo.

- O PPdeG defende a necesidade de seguir traballando no seo da mesma para avanzar no esclarecemento deste asunto.

- Lembrar que o PSOE empezou poñendo trabas ao funcionamento da comisión e poñendo máis trabas esperan pechala canto antes.

- Pola súa banda, o BNG xogou a buscar a verdade durante días pero tras unha reunión na Consellería de Presidencia deixou o seu compromiso coa realidade para centrarse no seu compromiso con eles mesmos.

- O BNG foi cómplice e ocultador. Posto a elixir entre honestidade ou coche oficial elixiu o segundo.

- O ditame non hai por onde collelo, xa que avala que se cometeron irregularidades á hora de conceder subvencións pedindo que, a partir de agora, se extremen os controis para evitalas. ¿Como poden pedir que se cumpra a lei de agora en diante?; ¿antes non había que cumprila?

- O PPdeG presentará un ditame alternativo, baseado en feito reais e que recolla as consideracións oportunas cando se fala de prevaricación, fraude e malversación.

No hay comentarios: