- Diante da crise económica, as familias e as empresas estano pasando moi mal e o único que queren son medidas e que Zapatero se comporte como o que é: o presidente do Goberno e que como tal, adopte decisións.
- O IPC situouse no 4,7% -0,5 puntos máis que en abril-, o diferencial de inflación no 1,1 -0,2 máis que en abril-, o dato de paro rexistrado no mes de maio é o peor desde 1.979 e a OCDE fixo público que España crecerá o 1,6% este ano –menos que a media da UE-. Asimesmo, hai que lembrar os datos negativos relativos á venda de automóbiles, a constitución de hipotecas ou a evolución do sector turístico.
- A confianza das empresas e das familias españolas está en mínimos. Segundo a última enquisa do CIS, o 46% dos españois ve a situación económica mal ou moi mal, nove puntos máis que fai un mes. Asimesmo, o indicador de confianza do consumidor do ICO cae 7,4 puntos en abril e o de Eurostat un punto – o peor dato desde 1993-.
- Mentres Zapatero ‘está nas frases’; fala do pesimismo, o optimismo, di que hai que facer un seminario entre expertos para ver se estamos en crise ou en desaceleración…
No hay comentarios:
Publicar un comentario