- O amarre da flota deixará seco o mercado de pescado desde o día 16 de xuño.
- O PPdeG esixe á Xunta que abra de forma inmediata unha mesa de negociación co sector
- Nin o Goberno galego, nin o Goberno central están a poñer en marcha os mecanismos necesarios en defensa dun sector, que nos últimos anos, está a sufrir unha das peores crises económicas da súa historia.
- O incremento nos prezos dos combustibles; a caída nos prezos en orixe; o impacto negativo das masivas e descontroladas importacións de peixe, ou a obsoleta regulamentación en materia de titulacións náutico-pesqueiras e de requisitos mínimos sobre tripulacións imposibilitan o normal desenvolvemento dun sector, do que dependen miles de familias galegas de xeito directo.
- Subliñar a falla de impulso e de vontade política tanto da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, como da súa homóloga, a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, que a pesar das mobilizacións do sector continúan sen aplicar ningún tipo de medida resolutiva.
- Ninguén pode negar que a situación resulta para miles de familias que viven do sector pesqueiro inasumible e insostible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario