- O PPdeG desinfla o optimismo das autoridades autonómicas ao apuntar que o paro rexistrado no pasado mes de maio en Galicia constitúe un “dato preocupante”, ao poñer de manifesto que o desemprego rexistra un incremento interanual (respecto a maio de 2007) do 5,78%, o que equivale a 8.570 desempregados máis ca hai 12 meses.
- Lembrar que maio é un mes no que tradicionalmente descende o paro en Galicia, aínda que, no deste ano, ese descenso foi moi inferior ao de exercicios anteriores. Así, nos meses de maio de 2006 e de 2007 o paro descendía en Galicia nunha media de 7.000 persoas, fronte ás 2.970 deste ano.
- Atendendo á evolución das afiliacións á Seguridade Social en Galicia, tamén se pon de manifesto unha desaceleración preocupante, xa que pasan de medrar a un 4,69% en xuño de 2007 a un modesto 1,29% de maio deste ano, segundo apunta o PPdeG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario