TRADÚCEME

04 junio 2008

CRISE NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA

Retrasos graves na cirurxía pediátrica viguesa

- Fronte aos datos oficiais do Sergas que sitúan a lista de espera para a unidade de cirurxía pediátrica de Vigo nos 330 nenos, os propios médicos sitúan a cifra real en 625 cativos. Deles, máis de 50 levan máis de un ano en lista de espera, mentres que Sanidade só recoñece a existencia de 7.

- Os cirurxiáns pediátricos denuncian que o Sergas mantén esta unidade sumida no abandono, sen programación, nin xestión e sen os recursos necesarios, a pesar de que son a unidade de referencia para os 100.000 nenos da provincia de Pontevedra. Como exemplo, apuntan que carecen do número de camas que serían necesarias para atender o volume de traballo que acumulan e que a dirección do centro só lles facilita un quirófano tres días á semana, a pesar da voluminosa lista de espera que acumula a unidade.

- Os médicos afectados levan tempo denunciando as carencias do servizo e teñen posto a situación en coñecemento do director xerente do centro, do director operativo da área sanitaria, do director provincial do Sergas en Pontevedra e, en último extremo, do secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.

- Cunha espera media de 124 días, a unidade de cirurxía pediátrica de Vigo é a de maior demora de Galicia, onde a media rolda os 90 días. No último trimestre, a demora desta unidade incrementouse en 14 días no Chuvi, como consecuencia dos desaxustes e carencias organizativas e de medios que padecen a cotío.

No hay comentarios: