TRADÚCEME

25 junio 2008

A LEI DE DEPENDENCIA SEGUE SEN SER UNHA REALIDADE

En Galicia hai 0 euros para os asistentes persoais da Lei de Dependencia, aprobada hai ano e medio.-

- O PPdeG lembra que, un ano e medio despois da entrada en vigor da Lei de Dependencia, en Galicia, do total das prestacións recoñecidas, hai cero prestacións económicas para a figura do asistente persoal.

- Segundo os últimos datos oficiais do IMSERSO, en relación coa aplicación da Lei de Dependencia, en Galicia se presentaron 43.120 solicitudes de valoración e do total das prestacións recoñecidas hai cero prestacións económicas para asistente persoal.

- O PPdeG subliña a importancia desta figura, recoñecida na Lei, e que facilita o acceso á educación e ao traballo dos grandes dependentes e lles posibilita unha maior autonomía no exercicio das actividades da vida diaria.

- O obxectivo de calquera comunidade de primeira debe ser que as persoas con algunha discapacidade teñan as máximas oportunidades na sociedade.

- Estamos a falar de integración, accesibilidade e igualdade de oportunidades; e a posta en marcha desta figura contribúe sen dúbida a acadar estes retos.

- Como exemplo da deixadez que o Bipartito está a ter en materia social, hai que lembrar que, un ano despois de que o propio Touriño prometese que a Lei de Servizos Sociais de Galicia ía estar no Parlamento, o primeiro trimestre de 2007, esta aínda non foi remitida á Cámara autonómica.

- A pesar de que estamos a falar dunha Lei que é peza fundamental no avance cara á creación dun Sistema Integrado de servizos sociais en Galicia e que permitirá tamén abordar os retos derivados da aplicación da Lei de Dependencia, o Bipartito, opta por mirar para outro lado e prefire centrar todo o seu esforzo en anuncios virtuais que se alonxan da realidade.

No hay comentarios: