TRADÚCEME

24 junio 2008

CRISE ECONÓMICA

Zapatero segue sen falar de crise e invéntase un novo concepto: ‘intenso deterioro económico’

- En agosto o chamou incertidume, en xaneiro desaceleración, fai unha semana eran dificultades e hoxe é deterioro.

- ¿Qué dirá dentro dunha semana?. ¿Por qué non o chama polo seu nome? Crise.

- Que diga que estamos nunha crise e que se poña a traballar dunha vez por todas en lugar de dar voltas ao diccionario.

- Zapatero tamén anunciou máis paro e subidas de prezos para o futuro inmediato. Pero tamén lle custa decilo claro. Preferiu describir o panorama dicindo que prevé que a alta inflación traerá “dificultades” e que a economía non será capaz de absorber durante “algún tempo” todas as solicitudes de emprego.

- En menos dunha semana pulverizou as previsións que o seu propio goberno aprobou. Agora recoñece que imos crecer menos do 2%. O goberno está superado e xa non é capaz de saber ónde está a economía española.

- Que o goberno recoñeza que a economía vai crecer menos do 2% ten importantes consecuencias que os españois teñen dereito a coñecer. Cando se crece tan pouco, a lei de Estabilidade Presupostaria permite ás Administracións Públicas entrar en déficit. É dicir, estamos nun momento tan difícil que se permite entrar en números roxos.

- Todo o mundo sabe que ante unha situación así se impón a austeridade. O propio Zapatero o recoñeceu e anunciou un plan de austeridade que, sen embargo, roza o ridículo.

- Aforra tan so 20 millóns (medio euro por español), sobre un gasto total de 160.158 millóns de euros, é dicir un 0,01%. É paradóxico que agora pretenda aforrar en altos cargos cando é o goberno quen nomeou maior número de altos cargos.

- ¿Alguén pensa que unha familia ou unha empresa pode solucionar os seus problemas financeiros cunha austeridade tan ridícula? Con razón Zapatero cualificou o seu plan como ‘con impacto limitado’.

No hay comentarios: