Touriño debe reprobar publicamente o comportamento da Vicepresidenta do Parlamento.-
- O PPdeG insta ao presidente da Xunta a efectuar unha pública reprobación do comportamento da vicepresidenta do Parlamento, Tareixa Paz, recentemente condenada polo TSXG por ter agredido ao alcalde de Barbadás.
- O PPdeG considera, amais, que o BNG ten a obriga moral de tomar medidas disciplinarias contra Tareixa Paz xa que, de non facelo, as siglas da formación nacionalista manchadas, irremediablemente, polo uso da violencia.
- Os sucesos protagonizados por Tareixa Paz revisten unha especial gravidade na medida en que, cando sucederon, xa fora designada vicepresidenta do Parlamento de Galicia, unha responsabilidade que esixe un respecto escrupuloso das leis e das institucións democráticas.
- Os feitos xulgados sucederon o 15 de setembro de 2005 ao remate dunha sesión plenaria do Concello de Barbadás, cando a acusada, nunha forte discusión, chegou a insultar ao alcalde dese concello e o agrediu cunha muleta.
- Máis tarde, o 30 de setembro, Tareixa Paz protagonizou un segundo incidente no que un grupo de persoas, lideradas por ela, increparon ao alcalde de Barbadás cando este participaba nun acto público, e rodearon os dous vehículos nos que o rexedor ía abandonar o lugar. A tensión chegou a tal punto que o alcalde tivo que refuxiarse nunha vivenda da zona ata que chegaron reforzos da Garda Civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario