TRADÚCEME

12 junio 2008

CRISE SECTOR PESQUEIRO

En lugar de pasear polas Illas Cies, Touriño debería viaxar a Madrid e Bruxelas a negociar medidas extraordinarias para resolver a crise

PSOE e BNG votan e contra de medidas para superar a crise do sector pesqueiro

- O PPdeG pide a Touriño que abra unha mesa de negociación esta mesma semana cos representantes do sector (confrarías, armadores...), porque Galicia a efectos de pesca non ten Presidente.

- INCAPACIDADE E INCOMPETENCIA.- a Conselleira de Pesca:

- Non dialoga co sector: leva 3 anos enfrontada coas confrarías

- Non ten iniciativa: En 3 anos aínda non foi capaz de sacar adiante o proxecto de lei de pesca

- É experta en perder liderazgos: fundiu a acuicultura en Galicia, e agora sabemos que a anulación do Plan da Xunta do PP nos fixo perder un investimento de mais de 200 M€ nestes 3 anos

- Irresponsable xestora: en 2007, deixou de investir 131 millóns de euros, o que supón o 47,8% do total, a metade do orzamento

- Cando no ano 2000, gobernando o PP, o sector atravesaba problemas serios, dialogouse e chegouse a acordos co sector.

- Estes acordos asinados co sector foron:

- posibilidade de aprazar os tributos que gravan a actividades pesqueira

- liña de crédito con interese bonificado de dous mil millóns de pesetas, para asumir ata o 40% da factura do gasoleo do ano 2000

- adopción dun paquete de bonificacións extraordinarias das cotizacións á seguridade social de entre o 67% e o 85%

- A PEOR CRISE EN 25 ANOS. PROBLEMAS E SOLUCIÓNS.- O sector pesqueiro galego está a vivir a peor crise dos últimos 25 anos afectando a 30.000 familias galegas que viven do mar; tendo en conta que Galicia é a primeira potencia pesqueira da UE co 60% da flota española.

O gasóleo é un dos problemas, pero non o único:

- Dispárase o prezo do gasóleo. Nos últimos cinco anos, o prezo do gasoleo pesqueiro multiplicouse por catro e nalgúns casos está a supoñer entre o 50% y 60% dos custes de producción, cando non debería superar o 20%

- Baixada dos prezos nas lonxas. ¿É normal que o bonito se pague un 45% menos que hai 10 anos?. O sector está afogado porque multiplicáronse os custes e baixan os ingresos

- Entrada ilegal de peixe foráneo. Estase a vender un peixe de fora como galego porque non hai suficientes controis.

- O PPdeG presentou unha moción sobre o sector pesqueiro con 19 propostas, que foron rexeitadas por PSOE e BNG.

- Entre as 19 medidas destaca:

- Medidas extraordinarias de carácter laboral que permitan reducir os custes de Seguridade Social

- Exoneracións de tarifas portuarias por un período mínimo de seis meses

- Negociar ante a Comisión Europea o incremento das axudas “de minimis” ata o umbral dos 200.000 euros por barco, agora é de 30.000 euros en 3 anos

- Mellorar e intensificar ao máximo o control das importacións ilegais e das normas hixiénico sanitarias dos productos foráneos

- Establecer mecanismos de cobertura para garantir o prezo medio do combustible nun contorno de viabilidade

No hay comentarios: