A inflación se dispara ao 4,8% en Galicia, a máis alta en trece anos
Os prezos subiron en maio oito décimas na comunidade, colocándose por riba da media nacional.
A vivenda, o transporte e os alimentos encabezan as alzas interanuais na autonomía
Mentres o IPC se dispara, a Xunta continúa con pelexas internas sobre o topónimo oficial.-
- Mentres os prezos continúan medrando máis en Galicia ca no conxunto de España, a Xunta consume as súas enerxías en asuntos estériles, como a pelexa interna que manteñen os dous socios do bipartito en relación co topónimo oficial da Comunidade Autónoma: Galicia ou Galiza.
- O pasado mes de maio rematou en Galicia cun crecemento interanual dos prezos dun 4,8%, mentres que en España foi dun 4,6%. O comportamento mensual tamén foi peor en Galicia ca no conxunto do Estado: 0,8% de aumento en Galicia e 0,7% en España.
- O crecemento do IPC pon de manifesto o deterioro das condicións de vida das familias galegas, que se enfrontan a crecentes dificultades para chegar a fin de mes, acuciados polos elevados tipos de interese e as alzas de produtos básicos como os alimentos (6,8% de incrementos nos últimos 12 meses), o Transporte (8,4%) ou a vivenda (8,5%).
No hay comentarios:
Publicar un comentario