TRADÚCEME

09 junio 2008

Balance do Bipartito en materia de estradas

TRES ANOS DE BIPARTITO, TRES ANOS DE RETRASOS

- O PPdeG lamenta que o Presidente da Xunta optara en materia de infraestructuras en paralizar ou anular todo en lugar de traballar polo desenvolvemento da economía galega.

- Galicia podería ter hoxe en servizo arredor de 230 kms de novas vías de alta capacidade, e so temos 35 kms, o que supón o 15% dos kms de novas vías de alta capacidade que xa deberían estar rematados

- Todas as VAC que actualmente se atopan en obras ou en servizo foron licitadas pola Xunta do PP.

- Se o bipartito continuase coas actuacións comezadas pola Xunta do PP, Galicia tería 430 kilómetros de novas vías de alta capacidade no horizonte 2008-2009. Concretamente, Galicia multiplicaría por 3 a rede de vías de alta capacidade da Xunta, pasando de 245 kms en servizo en 2005 a 675.

- O bipartito atopouse con 14 vías de alta capacidade que podería inaugurar ao longo desta lexislatura. A Xunta do PP deixou oito vías de alta capacidade licitadas-adxudicadas ou en obras e, seis vías de alta capacidade coa Declaración de Impacto Ambiental favorable e coa redacción de proxecto moi avanzada.

- O bipartito, en lugar de continuar coas obras paralizou a xestión. So continuando coas obras que estaban licitadas, mentres no resto das actuación as paralizou o anulou.

OBRAS QUE TIÑAN QUE ESTAR REMATADAS
OU A PIQUES DE REMATAR

Santiago- Brión
Santiago-Pontevea
Salnés
Barbanza
Nadela-Sarria TOTAL: 230 KMS
Ferrol-Vilalba
Dozón- Ourense
Brión-Noia
Sarria-Monforte
Variante de Noia

OBRAS QUE TIÑAN QUE ESTAR
EN SERVIZO A FINAIS DE 2008

Carballo-Fisterra
Tui-A Guarda TOTAL: 116 KMS
A52-Celanova
Vía Artabra

- A VAC da Costa Norte (90 kms) xa tería rematados parte dos seus treitos en 2008 e estaría completamente finalizada en 2009.

No hay comentarios: