TRADÚCEME

06 junio 2008

A MINISTRA DE FOMENTO VÓLVESE BURLAR DE GALICIA. Evita concretar unha data para o remate das obras do Ave coa Meseta

- AVE COA MESETA.- Magdalena Álvarez, volveu burlarse de Galicia na comparecencia que protagonizou no Congreso ao evitar concretar unha data para o remate das obras do AVE de conexión coa Meseta.

- Sorprende que a ministra negase a existencia dun compromiso concreto para rematar a conexión de Galicia coa Meseta por AVE, cando ela mesma votou, hai catro anos, a favor dunha resolución que poñía como prazo o ano 2009.

- AVE EIXO ATLÁNTICO.- a ministra situou no horizonte de 2012 o remate das obras da alta velocidade ferroviaria do Eixo Atlántico, pero só entre A Coruña e Vigo. Sitúa a conclusión das obras ao final desta lexislatura cando o cronograma inicial prevía rematalas no ano 2007, é dicir, acabarán cun retraso mínimo de 5 anos.

- Tratou de xustificar o retraso na execución do Eixo Atlántico argumentando a existencia de dificultades en dous puntos do trazado; a ponte sobre o río Ulla e a entrada á cidade de Vigo.

- SEN CONEXIÓNS CON FERROL, LUGO NIN CON PORTUGAL.- da intervención da ministra tamén se desprende que, a día de hoxe, Fomento non contempla entre as súas prioridades a conexión de Lugo coa alta velocidade ferroviaria, nin tampouco entre A Coruña e Ferrol, nin entre Vigo e a fronteira portuguesa.

- Unha ministra para esquecer.- é un feito que Magdalena Álvarez leva humillando durante o seu mandato os intereses de Galicia e incluso a propia dignidade dos galegos.

- Non hai ningún ministro na democracia con peor balance que a ministra.

- A pasada lexislatura foi a máis nefasta en materia de infraestruturas para Galicia:

Ave
- 0 Kms de AVE electrificados

- 0 Kms de AVE en funcionamento

- o 73% do AVE galego aínda se atopa en fase de estudio ou proxecto

- 3 de cada 4 kms de tren de alta velocidade seguen en estudio ou proxecto, é dicir, sobre o papel

Autovías

- A pasada lexislatura foi onde menos quilómetros de autovía se executaron no que vai de democracia

- a media de kms construídos durante os gobernos de González é de 16kms

- a media de kms anuais construídos durante os gobernos de Aznar superou os 55kms

- a media de kms construídos no goberno de Zapatero foron 12kms anuais. Se construíron menos quilómetros en toda a lexislatura socialista de Magdalena Álvarez que nun ano de goberno do PP en Madrid.

Balance Magdalena Álvarez

- 0 Kms de AVE finalizados

- 1 km de autovía ao mes

- Pacto polas infraestruturas.- diante desta situación, o PPdeG reitera a necesidade dun pacto polas infraestruturas en Galicia para que en 2009 todos os tramos de alta velocidade e de autovías comprometidos estean en obras.

No hay comentarios: