O PP reforza o seu compromiso coa democracia, a legalidade, o Estado das Autonomías e os cidadáns.-
- O PP plantexa unha reforma de Estatutos que reforza o compromiso do partido coa democracia, a legalidade, o Estado das Autonomías e os cidadáns. Para elo, propón, entre outras medidas, oficializar a regulación da campaña electoral previa ao Congreso, abrir a vía á afiliación de estranxeiros residentes en España, ampliar as garantías de comportamento ético, crear o Comité Autonómico e impulsar a Oficina do Deputado. Son algunhas das propostas incluídas na ponencia de Estatutos que se debatirán no XVI Congreso Nacional do PP o próximo mes de xuño, trala tramitación das emendas correspondentes, e que presentaron os presidentes do PP de Galicia e Baleares, Alberto Núñez Feijóo e Rosa Estarás respectivamente, e o secretario xeral do PP de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco .
Na renovación dos Estatutos que rixen o funcionamento do Partido Popular os relatores marcaron os obxectivos de abrir o partido á sociedade e fomentar a súa participación, elevar o seu nivel de autoesixencia, mellorar a súa coordinación interterritorial e presencia no exterior e lograr maior eficacia na súa acción política.
ABRIR O PARTIDO Á SOCIEDADE.- a ponencia abre o partido aos inmigrantes ao propoñer que os españois e os cidadáns residentes en España, sexan españois ou estranxeiros –con dereito a voto ou non- podan integrarse no PP como afiliados ou simpatizantes. Os relatores consideran que, ao igual que o PP defende a integración dos inmigrantes, quere tamén que se sumen e integren no partido, en condicións de igualdade.
Con obxecto de ampliar as garantías de que os afiliados se sintan máis e mellor representados, o texto recolle a figura do “valedor do afiliado”. Este novo órgano sería o receptor das críticas e peticións dos afiliados e, a súa vez, actuaría como transmisor das inquietudes aos órganos superiores do partido.
ORGANIZAR A CAMPAÑA ELECTORAL PREVIA AO CONGRESO.- Ademais, para reforzar os mecanismos de democracia interna dos que xa dispón este partido os relatores propoñen oficializar e precisar a regulación da campaña electoral previa aos congresos.
O texto recolle unha nova redacción do proceso electoral interno, establecendo dúas fases:
1º Precongresual: regulando a figura do candidato, a campaña –garantíndose a igualdade de oportunidades de todos os candidatos no acceso aos medios materiais e de información do partido- e o procedemento previo á proclamación dos compromisarios.
2º Congresual: engadíndose o requisito de que unha lista non poderá ser presidida por quen non fose proclamado como candidato en fase precongresual.
De este xeito, os afiliados escollerán aos compromisarios que lle representarán no Congreso coñecendo previamente quenes son os candidatos a presidir o partido e posteriormente, a través dos compromisarios, elixirán de entre os candidatos ao seu Presidente.
O que persigue esta medida é, en definitiva, reforzar a organización e participación no Congreso a través dunha maior regulación no seu período previo, mantendo a tradición propia do partido, baseada no procedemento congresual, e ao mesmo tempo, adoptando medidas para garantir unha maior igualdade de oportunidades e transparencia en todo o proceso.
ELEVAR O SEU NIVEL DE AUTOESIXENCIA: OFICINA DO DEPUTADO.- o PP quere que este Congreso sirva tamén para elevar o nivel de esixencia que o partido determina aos seus representantes públicos no seu traballo e na súa conducta. Para elo, creará a “Oficina do Deputado” na que os cargos electos rendirán contas persoalmente do seu traballo ante os cidadáns, para atender as súas solicitudes, queixas e suxerencias. O PP quere, en definitiva, que nas súas sedes sempre haxa un despacho aberto, disposto a recibir aos cidadáns.
No tocante á regulación do comportamento dos militantes, y co fin de elevar o nivel de autoesixencia, o PP propón suspender automaticamente de militancia a todo aquel afiliado que sexa condenado en firme en un procedemento penal por un delito doloso, reforzando así, explicitamente, o seu compromiso coa transparencia, a limpeza e a xustiza.
Con esta proposta o PP pretende previr ao partido da presencia de comportamentos que non caben no seu proxecto. Aínda que o partido sempre tratou de actuar o máis rápido posible neste tipo de casos, con esta medida o PP substituirá a rapidez de reacción pola inmediatez.
É unha garantía para os cidadáns de que no momento no que un membro do partido cometa un delito doloso, deixará automaticamente de pertencer ao Partido Popular.
MELLORAR A COORDINACIÓN INTERTERRITORIAL.- para reforzar o seu compromiso coa España das Autonomías, a ponencia prevé a creación dun Comité Autonómico que garanta a unidade e coherencia da súa acción política territorial.
Este novo órgano de goberno do partido, que reflectirá a ordenación territorial de España, estará formado polo presidente nacional do PP, o secretario xeral e os presidentes do partido nas diferentes Comunidades Autónomas, que pasarían a denominarse “presidentes autonómicos”, en lugar de rexionais como se lles denomina actualmente.
A través das reunións periódicas deste Comité, o PP reflectiría a realidade do Estado Autonómico e reforzaría o seu compromiso con todas e cada unha das CC.AA. que configuran España, ao tempo que contribuiría a garantir unha maior coordinación e coherencia da acción política do partido en todo o Estado, desde o respecto aos valores constitucionais: a igualdade entre todos os españois e a solidariedade e cohesión interterritorial.
MELLORAR A PRESENCIA NO EXTERIOR.- a ponencia tamén recolle o compromiso que asumiu o partido con todos os españois residentes no exterior, aos que fai protagonistas de varias propostas. Entre elas, a de crear un Consello de Españois Residentes no Mundo, para ampliar a presencia e dedicación do partido aos españois no exterior. Este novo órgano consultivo estaría integrado polo presidente nacional de partido, o secretario xeral, e os presidentes dos Comités Executivos do partido no Exterior.
LOGRAR MAIOR EFICACIA NA ACCIÓN POLÍTICA.- os relatores tamén propoñen modificacións organizativas co fin de obter unha maior eficacia na súa acción política, ao flexibilizar e simplificar a estructura do partido para actualizala e adaptala aos retos de futuro do partido.
Neste sentido, o texto plantexa reforzar o papel das Vicesecretarías Xerais do partido, flexibilizar as actuais Secretarías Executivas e Secretarías e que as competencias dos membros da Dirección Nacional podan distribuírse en función das necesidades que se estimen oportunas.
Os redactores da ponencia entenden que o presidente do partido debe ter a mesma liberdade que o presidente do Goberno para determinar as áreas de traballo do seu equipo. Por elo, e conforme a esta modificación nos Estatutos, o presidente proporía o seu organigrama ao Comité Executivo, que sería o encargado de aprobalo.
Os relatores conclúen que estas reformas plantexadas reforzan e reafirman o compromiso do PP cos españois e coa Constitución, ao tempo que expresan a súa confianza en que do Congreso sairá un partido máis aberto, más participativo, máis limpo, máis representativo e más eficaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario