- O PP quere manifestar a súa condena máis firme e rotunda ante o cobarde e vil atentado cometido hoxe pola banda terrorista ETA na localidade alavesa de Legutiano que custou a vida ao garda civil Juan Manuel Piñuel Villalón, e causado feridas a outros catro membros do corpo. O PP quere expresar a súa absoluta solidariedade coa familia e amigos do falecido, así como do resto dos feridos, aos que desexa unha pronta recuperación.
Asimesmo, o PP expresa a súa solidariedade e apoio á Garda Civil, unha institución básica no noso Estado de Dereito na loita contra o terrorismo, e que sufriu de forma especial o envite dos criminais de ETA durante todos os anos da nosa democracia.
Nun día especialmente triste para todos os españois, o Partido Popular quere reafirmar a súa determinación de derrotar aos terroristas con todos os instrumentos do Estado de Dereito e mostrar a súa confianza na acción das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para conseguir este obxectivo. Tamén ofrece o seu apoio ao Goberno en todas aquelas medidas que emprenda para culminar a derrota de ETA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario