- Os alcaldes do PP seguen presentado a día de hoxe a mesma carencia que días atrás; é dicir carecen dos cartos suficientes para garantir a prestación de servizos sociais nos seus concellos mentres que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar lles impón un dobre raseiro: a Xunta só financia eses centros a cambio de que os municipios lles cedan o control político.
- Coas ameazas aos alcaldes para forzar a súa incorporación ao Consorcio de Servizos Sociais, a Vicepresidencia nacionalista obriga aos rexedores a elixir entre ter garantidos determinados investimentos a cambio de ceder o control político ou estar afectados polo “frío permanente” sen proxectos de ningún tipo.
- A Vicepresidencia nacionalista manipulou as cartas que lle enviaron recentemente dos alcaldes do PP, xa que o rexedor de Antas de Ulla trataba de demostrarlle a Quintana que non existen razóns para que este se sinta insultado, mantén todas as afirmacións que fixo e se desculpa polas formas pero non polo fondo. O rexedor de O Rosal insiste en ofrecer colaboración institucional á Vicepresidencia, que é o que se pediu na rolda de prensa, colaboración sen imposición.
- Pola súa banda, o de Vilamartín de Valdeorras, non participou na reunión que supostamente incomodou a Quintana e, polo tanto, non semella lóxico que se interpreta que se desmarca dunha postura da que non tomou parte.
- A actitude amosada por Anxo Quintana non resulta nova para o Goberno bipartito, que xa ao comezo da actual lexislatura anulara numerosos convenios nos que se acordaba o financiamento de obras de ámbito rural por parte das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, a pesar de que algunhas das actuacións xa foran licitadas e mesmo adxudicadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario