100.000 familias galegas que se adican á gandería, á pesca e ao sector lácteo viven peor que hai tres anos.-
- Touriño abandona a súa sorte ao sector primario en Galicia, precisamente agora que este se enfronta á súa maior crise nos últimos 25 anos.
- O titular da Xunta prefire negar a existencia de problemas para os sectores gandeiro, pesqueiro ou agrícola antes que afrontar a realidade e poñerse á fronte da procura de solucións.
- Esta estratexia de negar a evidencia xa a empregou Touriño cando dixo que Galicia:
- era allea á crise económica que agora recoñece,
- ou cando negou a crise do sistema sanitario galego, asegurando que non había axendas pechadas nos hospitais de Galicia para admitir ao día seguinte que si as había por motivos puntuais
SECTOR GANDEIRO.- subliñar unha negociación indigna da cota láctea levada a cabo pola ministra Espinosa no seo da UE e que está minguando a capacidade de crecemento do sector. O Goberno no logrou o incremento na cota que España e Galicia necesitan, pero é que encima están xestionando mal a que temos, cunha política de venda de excedentes (o 80% do sobrante debe quedar na Comunidade produtora, sen poder asumir máis dun 20% outras autonomías como, por exemplo, Galicia).
O sector está descapitalizado por culpa deste Goberno, que rebaixou o valor desas cotas lácteas. Moita xente investiu todos os seus aforros en adquirir cota; pero o que antes servía ata de aval nun banco agora véndese ata por baixo do prezo ao que se comprou.
O segundo tema que asfixia aos gandeiros é a garantía por parte do Goberno de rendas dignas polos seus produtos. Os pensos soben un 40%, os fertilizantes un 50; con todo, estas subidas non poden repercutir no prezo do leite ou a carne. Agora ben, a eses produtores páganlles catro euros por un quilo de carne pero o consumidor págao a 14. E encima suben os prezos das taxas dos matadoiros. Fronte a isto, o produtor está só, sen resposta por parte dun Goberno que o ignora.
SECTOR DA PESCA.- os prezos do gasoil -que subiron nun 150% desde 2005 e un 45% nos último seis meses- converte a este nun produto de luxo. Moitos barcos saen a faenar sen nin sequera cubrir os seus custos de produción. Nalgúns portos aos pescadores sáelles máis rendible deixar os seus barcos amarrados que saír á mar. Fronte á crise do sector, a solución proposta pola Xunta é tan orixinal como non executar o 47,8% do Orzamento asignado para 2007. Coa que está caendo no sector pesqueiro, ao Bipartito non se lle ocorreu que facer con 131 millóns de euros.
PROPOSTAS PPDEG.- Feijóo afirmou que o PPdeG está comprometido co agro, coa gandería, coa pesca e co marisqueo e confía no sector primario galego e o apoia incondicionalmente aos miles e miles de galegos que viven do agro e do mar, ante un goberno ausente e indiferente á crise que vive o sector, fan falla medidas rápidas, concretas e efectivas. O PPdeG plantexa propostas para a pesca e a gandería:
Pesca
- Crear un fondo de garantía para permitir que os barcos merquen o gasóleo a un prezo estable
- Exonerar durante un ano do pago das cotas da Seguridade Social de tripulantes e armadores
Gandería:
- Implantación inmediata do gasóleo profesional agrícola
- Ofrecer axudas extraordinarias máximas que admite a UE, de ata 7.500 € para cada explotación
- Impulsar campañas extraordinarias para reactivar o consumo de carne de vacún
Que Touriño consiga que Galicia conte coa práctica totalidade das 300.000 toneladas de cota que se van repartir agora en España, porque somos a Comunidade que máis produce e cos gandeiros que máis investiron de España”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario