- O Índice de Prezos de Consumo feito público e que sitúa a inflación interanual nun 4,4% en Galicia (0,2 puntos por riba da media do Estado) consolida o crecemento dos prezos situándoos en máximos históricos na Comunidade.
- Os prezos elevados que soporta Galicia desde hai xa varios meses sen que se albisque un cambio de tendencia a curto prazo supoñen un atranco insuperable para a economía, especialmente para as das familias con rendas máis baixas, que cada mes teñen máis dificultades para acceder a produtos e servizos básicos, como os alimentos, que medraron un 6,7% nos últimos 12 meses; o vestido (7,9% de incremento só no mes pasado); ou a vivenda (7,7% de suba interanual).
- Cos combustibles inmersos nunha espiral alcista sen fin, e con novas ameazas de incrementos dos prezos dos alimentos básicos –que paradoxicamente non perciben os produtores galegos de leite e carne, por citar só dous exemplos-, ou o anunciado incremento do recibo da luz, entre outras ameazas, ponse de manifesto que as dificultades das familias para chegar a fin de mes ameazan con ir a máis a medida que avance o ano 2008.
- Os datos publicados polo INE acreditan que Galicia se sitúa como a cuarta comunidade máis inflacionista nos últimos 12 meses, feito de fulmina o discurso oficial do presidente da Xunta, que ata o de agora se empeñou en manter que a economía galega tiña elementos abondo para resistir con garantías fronte á crise económica.
- O PPdeG insta ao presidente da Xunta e ao seu conselleiro de Economía a que expliquen se dispoñen de algunha estratexia para facer fronte á escalada inflacionista que afecta á Comunidade, castigando especialmente ás familias con rendas máis baixas.
Solbes respalda unha subida da luz do 11,3% aínda que xere máis inflación
- A eliminación da tarifa nocturna suporá incrementos de ata o 77% aos afectados.
O litro de diésel se dispara ata 1,24 euros e encher o depósito xa custa 61 euros
Os prezos crecen máis en Galicia que en España.-
- Os alimentos frescos se encareceron un 4% desde o mes de abril do ano pasado
No hay comentarios:
Publicar un comentario