- Liberdade plena fronte a imposición e prohibición.
- Esa é a receita do PPdeG ante os intentos de imposición lingüística promovidos polos socios do Goberno bipartito.
- O PPdeG indica, no tocante a unha proposición non de lei do BNG para facer obrigatorio o uso do galego na rotulación, sinalética e atención comercial en lingua galega, que a liberdade debe prevalecer sobre calquera intento de imposición.
- O PPdeG condiciona o seu apoio a calquera proposta deste tipo a que se explicite con claridade o dereito dos comerciantes a contar con liberdade plena para elixir o idioma oficial –galego ou castelán- ou calquera outro que consideren axeitado utilizar na rotulación interior e exterior, na sinalética e nas relacións cos seus clientes e proveedores.
- Sen embargo, PSOE e BNG rexeitaron a proposta do PPdeG de garantir a liberdade dos comerciantes para rotular no idioma da súa elección.
- O PPdeG está disposto a apoiar as axudas que se establezan para impulsar e promover o uso do galego no sector comercial, sempre que as axudas nin impliquen a prohibición de uso de calquera outro idioma.
- Un exemplo: o PPdeG está de acordo con que se concedan axudas para a edición de material impreso, rótulos ou calquera outras acción comercial en galego, pero sen que a percepción desa subvención condicione en modo algún a liberdade do comerciante para utilizar unha lingua distinta –se así o desexa- para actividades non subvencionadas. É dicir, o comerciante deberá ter garantido o dereito a poder rotular ou editar pola súa conta material noutro idioma.
- O PPdeG insiste en que o principio de liberdade, de non exclusión e de non imposición constitúen alicerces básicos do galeguismo integrador que inspira ao PPdeG e adverte dos riscos que se derivan da política lingüística do Goberno bipartito, que pode acabar facendo dano ao idioma galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario