TRADÚCEME

27 mayo 2008

O Goberno non dará axudas á flota para paliar a alza de gasoil

- A conselleira de Pesca debe informar na Cámara sobre as xestións que está a desenvolver a Xunta para superar a actual crise que está a padecer o sector como consecuencia da desorbitada suba do prezo dos combustibles, que podería traducirse en regulacións de emprego masivas a curto prazo.

- O PPdeG critica a actitude “inmobilista e conformista” mantida ata o de agora polo Executivo galego neste asunto escudándose en argumentos peregrinos e tan fora da realidade coma que é unha situación conxuntural.

- PROPOSTA PPDEG.- para facer fronte á situación actual, na que o gasóleo se converteu nun artigo de luxo, o PPdeG ten proposto que os Executivos autonómico e central articulen medidas de choque para frear ao impacto das alzas dos hidrocarburos sobre a economía das empresas e sobre os seus cadros de persoal. As medidas serían, entre outras, as seguintes:

- Creación dun fondo de garantía que permita ás empresas marcar o gasóleo a un prezo estable.

- Exoneración, durante un ano, do pagamento das cotas da Seguridade Social, tanto para os tripulantes como para os armadores dos buques.

- Bonificación do 60% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

- Exención do pagamento do imposto de sociedades.

- Intensificación das liñas de I+D+i encamiñadas a intensificar o aforro de combustible, o cambio de motor e do sistema de propulsión nos barcos pesqueiros.

- Posta en marcha dunha liña de axudas específica para financiar as paralizacións temporais, a través de fondos extraordinarios e da reprogramación de fondos europeos.

No hay comentarios: