- Crear a ‘Oficina do Deputado’ na que os cargos electos renderán contas persoalmente do seu traballo ante os cidadáns, esta é unha das reformas da ponencia de Estatutos que o Partido Popular someterá ao apoio dos militantes, no próximo Congreso Nacional, que terá lugar en xuño.
- PP quere que este Congreso sirva tamén para elevar o nivel de esixencia que o partido determina aos seus representantes públicos no seu traballo e na súa conducta. Para elo, creará esta Oficina do Deputado, na que os cargos electos renderán conta persoalmente do seu traballo ante os cidadáns, para atender as súas solicitudes, queixas e suxerencias.
- Os galegos serán os máis beneficiados desta iniciativa, xa que o PP é quen, en Galicia, ten máis deputados nacionais, autonómicos e senadores.
- Con esta iniciativa se pretende que nas sedes do PP haxa un despacho aberto, disposto a recibir aos cidadáns, coas súas preocupacións.
- Somos os voceiros de máis de 10 millóns de españois; e tamén, en moitas ocasións de moitos cidadáns que non nos votaron e canto máis os escoitemos, máis acertadas serán as nosas palabras.
- Nesta oficina asegurarase a presencia física e periódica de deputados, senadores e parlamentario autonómicos, co obxecto de reforzar o contacto cos cidadáns aos que representan e, desta forma, estar dispoñibles para atender as súas suxerencias e queixas e, a súa vez, para dar conta do seu traballo na Cámara correspondente.
- Trátase de reforzar os vínculos e a identificación do representante co cidadán e de ampliar as esixencias aos nosos cargos electos, de xeito que adquiran un triple compromiso: co partido, cos votantes e cos cidadáns, ante quenes terán que render contas.
- Queremos elevar o noso nivel de autoesixencia; mellorar o noso rendemento e non so estar a pé de rúa o maior tempo posible, senón tamén que os nosos despachos estean ao nivel da rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario