TRADÚCEME

20 mayo 2008

EFICACIA E LIBERDADE PARA DEVOLVER Á XUNTA A DIGNIDADE QUE PERDEU ESTES TRES ANOS

- O PPdeG aposta pola eficacia e a liberdade para devolver á Xunta a dignidade que se perdeu estes tres anos.

- O pacto PSOE non funcionou en Galicia porque os dous partidos minoritarios non souberon sumar unha maioría senón que intentaron impoñer por separado os seus criterios minoritarios.

- A Xunta arrastrou durante estes tres anos o seu pecado orixinal: a división que supón inestabilidade, incompetencia e desencanto.

- O bipartito estase desmoronando porque se edificou sen planos, sen cimentos e sen piares –e ademais os albaneis se boicotean os uns aos outros o traballo- é normal que a edificación se veña abaixo.

- DIVISIÓN, INCOMPETENCIA E DESENCANTO.- a situación política de Galicia se pode resumir en tres conclusións que definen con precisión cál é a situación política que atravesa a nosa Comunidade. Así:

1.- O estado permanente do goberno galego é o da división

2.- Existe una incompetencia manifesta na xestión ou na ausencia dela

3.- E hai un desencanto xeneralizado dos cidadáns co seu goberno;

- LINGUA E LIBERDADE.- no PPdeG, exercemos o bilingüismo natural e cordial que defendemos. Exercemos e defendemos esa liberdade que é riqueza; e, por elo, non toleraremos que se queira empobrecer á sociedade galega a través do monolingüismo.

No PPdeG, como en Galicia, hai quen fala galego e hai quen fala castelán, os hai que escollen a lingua en función do ámbito ou da compaña. E todos o facemos en liberdade. E é moi decepcionante que por catro anos de goberno se cometa o erro histórico que coa lingua está perpetrando esta Xunta de Galicia. O conflicto lingüístico resólvese con tres idiomas e non impoñendo un.

- VOTO EMIGRANTE. SEN DOBRE XOGO DO PSOE.- hoxe, un 12% dos cidadáns vota cun sistema que arroxou deficiencias. Son os emigrantes. O Censo de Residentes Ausentes (CERA). Non podemos permitir que baixo un Goberno estea un sistema que non ofreza garantías democráticas suficientes. Hai un abuso, porque o sistema permite que haxa un abuso e por elo debemos cambialo.

Todos os grupos parlamentarios estamos de acordo en Galicia en como se debe elixir no Parlamento galego e o PPdeG espera e confía que o PSOE galego non manteña un dobre xogo e se negue a aprobalo antes das eleccións galegas.

No hay comentarios: