- O PPdeG fai un chamamento a PSOE e BNG para reclamar o seu apoio de cara a poder instar á Xunta a xestionar co Goberno central un incremento do número de policías e gardas civís dedicados en exclusiva á prevención e loita contra a violencia de xénero, chamando a atención sobre a necesidade de que os axentes dispoñan de formación específica para este tipo de tarefas e dispoñan de comunicación directa e permanente coas vítimas reais ou potenciais.
- O obxectivo é reducir o impacto desa lacra social e tratar de evitar que o ano 2008 remate cun novo récord de casos deste tipo.
- É necesario tamén que se incremente o número de xulgados especializados en violencia de xénero e que estes órganos sexan dotados dos medios necesarios para garantir un funcionamento áxil.
- Tamén se fai necesaria a posta en funcionamento de oficinas de atención ás vítimas da violencia de xénero que faciliten asistencia xurídica inmediata ás afectadas ou ás que estean sometidas a situacións de risco potencial.
- O PPdeG considera precisa a creación de unidades forenses de valoración de riscos en todas as provincias galegas, ao tempo que reclama que os informes de valoración de riscos para establecer medidas cautelares sexan elaborados coa participación de psicólogos e asistentes sociais. Na actualidade, estes informes son o resultado dun programa informático no que non intervén perito algún que poda efectuar unha valoración persoal máis acaída a cada un dos perfís avaliados por ordenador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario