- Ricardo Varela e o PSOE volven mentir e a tratar de esconder a súa implicación nun caso no que falamos de suposta corrupción, tráfico de influencias, malversación de fondos e prevaricación.
- Os socialistas negaron que o respresentante legal da asociación que contratou á axente electoral fose concelleiro do PSOE, e que David Fernández Ojea, edil seu en Piñor, só fixo uns traballos sen importancia para Viticultores do Castro. E isto é mentira.
- A versión do PSOE contrasta coa propia documentación achegada pola Consellería de Traballo.
- Tanto na solicitude da subvención efectuada por Viticultores do Castro -coa que se pagou o soldo da axente electoral-, como na declaración xurada de que a asociación cumpría os requisitos da subvención, como no acto de constitución da asociación, David Fernández Ojea figura como representante legal de Viticultores do Castro. E é concelleiro en Piñor.
- Esta nova mentira por parte dos socialistas mostran o seu nerviosismo.
- As declaracións e os comunicados emitidos polos socialistas tratan de confundir á opinión pública, desmentindo con falacias o que o PPdeG pode probar con documentos oficiais.
- A estratexia do PSOE de disparar cara ao PPdeG tratando de enmarañar e, a través de difamacións, escapar do acoso ao que se está vendo sometido por culpa dunha xestión poida que fraudulenta, mostra o seu nerviosismo e a súa falta de ética.
- Ricardo Varela fai tempo que debería dimitir, e con máis motivo ten que facelo agora que se demostrou que o partido do que é número dous e coordinador ten establecida unha rede de asociacións tapadeira para recibir axudas públicas que logo revertan no propio PSOE.
- Varela debe deixar o cargo de inmediato ou ser cesado polo presidente da Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario