- O verdadeiro protagonista da proposta de traslado de Ence é a indefinición absoluta do Goberno galego, que un día dí unha cousa e ao seguinte a súa contraria.
- O traslado de Ence continúa provocando tensións internas no bipartito e, como exemplo, subliñar a urticaria que produciu na ala socialista da Xunta o anuncio de que a comparecencia no Parlamento ía ser protagonizada por Quintana, ao que se referiu como o “presidente de Igualdade, Cultura, Medio Rural e Vivenda”. Foron esas tensións as que acabaron vetando a comparecencia de Quintana, que foi substituído a última hora polo conselleiro de Industria.
- A promesa electoral, plasmada logo no acordo de Goberno PSOE-BNG, consistente en impulsar unha solución concertada, con todos os axentes implicados para conseguir unha localización alternativa para Ence, fóra da Ría de Pontevedra e que permitise tamén pechar o ciclo produtivo do papel en Galicia, caeu en saco roto, a pesar de que xa transcorreron tres anos da lexislatura.
- En lugar dunha solución, o que se sucederon foron declaracións e propostas contraditorias: en setembro de 2005, os conselleiros de Industria e Medio Ambiente anunciaron a creación dunha comisión de traballo para determinar posibles alternativas. Meses máis tarde, en decembro dese ano, Touriño anunciou a creación dunha mesa de concertación integrada por sindicatos, empresa e consellerías implicadas, que nunca chegou a concretarse, dando paso a dilacións, falta de concreción e anuncios contraditorios no seo do bipartito.
- Touriño mentiu á cidadanía antes das pasadas Eleccións autonómicas, durante a campaña electoral, e agora, durante toda a lexislatura.
- Algúns exemplos de división interna no seo da Xunta en relación do traslado de Ence, que evidencian a sucesión de enfrontamentos entre PSOE e BNG:
- O 1 de marzo de 2006, o presidente da Xunta visita Pontevedra e asegura que ao longo dese mes habería unha proposta inicial sobre o futuro da pasteira, anuncio que o conselleiro de Medio Ambiente, tamén do PSOE, reforza engadindo que ían liberar a ría de Pontevedra da factoría, pero co compromiso de que Ence “saia viva, enteira e reforzada como empresa”.
- O 2 marzo de 2006, as consellerías de Industria e Vivenda (BNG) reaccionan e presentan un informe no Consello da Xunta no que propoñen como opción trasladar Ence á plataforma loxística Barro-Meis
- Tan só un día máis tarde, o 3 de marzo, Touriño visita a comarca do Salnés e comproba o NON rotundo de todos os alcaldes da comarca, aplaudindo el mesmo esa negativa por considerar incompatible a presenza de Ence coa rexeneración ambiental do río Ulla e coa saúde da ría de Arousa. Xa o 8 de marzo, o conselleiro de Medio Ambiente descarta totalmente a opción de que Ence se instale no Salnés.
- Sen embargo, o 9 de marzo, o vicepresidente nacionalista, Anxo Quintana asegura que “tódalas opcións están abertas” para a reubicación do complexo pasteiro, ao tempo que o conselleiro de Industria (BNG) retou ao de Medio Ambiente (PSOE) a que aporte unha alternativa “nun tempo razoable”.
- Sobre a posibilidade de que a Xunta vincule o traslado de Ence a posibles concesións eólicas –admitida publicamente tanto polo conselleiro de Industria como polo propio Quintana-, o PPdeG adverte de que tal medida non resulta admisible porque atenta contra o principio de igualdade e a obxectividade que debe presidir esa adxudicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario