A Xunta mentiu para xustificar os motivos da viaxe da axente electoral
- A Xunta mentiu de forma probada á hora de xustificar os motivos que lle levaron a pagar un billete á axente electoral que traballou para o PSOE durante a campaña das municipais e segundo parece tamén das autonómicas.
- O PSdeG aduciu que lle facilitaron ese billete para que viaxase a Bos Aires a ver a súa irmá, enferma segundo a Xunta.
- A realidade é que a irmá de María Isabel Blanco nin sequera estaba en Arxentina no momento da súa viaxe, senón que estaba en Galicia.
- Ademais, María Isabel Blanco traballou nun despacho do Grupo Parlamentario Socialista pedindo o voto aos seus contactos en Arxentina para Emilio Pérez Touriño nas autonómicas de 2005.
- Este caso adquire novas ramificacións cada día que pasa segundo se van vendo as irregularidades nas que caeu o Goberno galego.
- Ricardo Varela, que financiou o contrato de Blanco a través da consellería que dirixe, debe deixar o cargo de inmediato, tanto no Executivo como no seo do PSdeG, no que exerce de reclutador de axentes electorais. Está deslexitimado para a vida pública.
- Tamén Marisol Soneira, por facer de enlace entre partido, Goberno e a propia axente electoral, debe entregar a súa acta de de deputada de inmediato.
- Ademais, o responsable de Emigración debería ser cesado fai xa semanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario