TRADÚCEME

21 mayo 2008

GALICIA É A ÚNICA COMUNIDADE NA QUE O GOBERNO NON TEN UNHA PROPOSTA UNITARIA DE FINANCIAMENTO

- O PPdeG pide á Xunta rigor e seriedade para abordar o debate sobre financiamento autonómico pola súa importancia e transcendencia, posto que de como se resolva dependerá a calidade dos servicios en Galicia, como a Sanidade, a Educación ou os Servicios Sociais; ou a viabilidade de que haxa novas infraestructuras.

- Galicia é a única Comunidade de toda España na que o Goberno non ten unha proposta unitaria de financiamento e na que unha Ministra ten que recibir ao Presidente e o Vicepresidente dun mesmo Goberno e escoitar deles posturas diferentes.

- O PPdeG pide á Xunta que presente no Parlamento a súa postura oficial ante a revisión do actual modelo de financiamento, identificando cales serán os criterios e principios sobre os que se asentará; e que faga de forma regulamentada un debate con propostas de resolución por parte dos grupos para que Galicia se presente cunha postura común de Goberno e Oposición para afrontar a negociación con máis forza.

- A falla dun criterio común por parte do Goberno prexudica os intereses dos cidadáns.

- A financiación autonómica non é un tema de ideoloxía, senón de recursos públicos.

- O PPdeG considera que o necesario é que Galicia acade o financiamento necesario para prestar servicios en condicións de igualdade cos restantes territorios.

- Para o PPdeG Galicia ten que mellorar a súa posición relativa, posto que ten a poboación máis envellecida e maior censo de residentes ausentes que na anterior negociación; polo que, como mínimo non debemos permitirnos perder unha soa décima da financiación actual.

No hay comentarios: