TRADÚCEME

24 abril 2008

UN PACTO NECESARIO POLAS INFRAESTRUCTURAS A FAVOR DE GALICIA

- Dado o trato recibido por Galicia en materia de obras públicas na pasada lexislatura de Zapatero, resulta imprescindible constituír e poñer en marcha unha comisión mixta para velar pola materialización dos compromisos pendentes.

- Esta medida, proposta polo PPdeG, non vai contra ninguén, vai a favor de Galicia, e constitúe un pacto necesario para evitar que na lexislatura que agora se inicia volva acontecer o mesmo que co primeiro Goberno Zapatero.

- Recordar que a creación dunha comisión mixta non sería inédita, senón que conta cun antecedente, xa en funcionamento, en Cataluña.

- O PPdeG convida á ministra de Administracións Públicas, a galega Elena Salgado, que saberá que o AVE galego está sen facer, a implicarse e apoiar a creación desa comisión mixta en defensa das infraestructuras que a Comunidade Autónoma precisa.

- Este pacto é necesario para evitar que Galicia volva ser a comunidade peor tratada polo Goberno de Zapatero en materia de obras públicas.

- Rematados os catro anos da pasada lexislatura, dos 900 quilómetros que suman as 6 liñas de AVE que se deberían construír en Galicia sumando os trazados interiores e os de conexión cos Meseta, cun investimento superior aos 20.000 millóns de euros, o 73% do trazado atópase en fase de estudio ou proxecto, mentres que nin un só quilómetro da rede está electrificado a día de hoxe.

- O panorama é similar no referido ás autovías e vías de alta capacidade. Están pendentes de construír un total de 432 Km de autovías, o que equivale a un orzamento de 2.400 millóns de euros.

- A pasada foi a peor lexislatura para Galicia desde 1990. Mentres que entre os anos 1990 e 1996 (Goberno de Felipe González) se puxeron en funcionamento en Galicia unha media de 16,4Km de autovía cada ano, desde 1996 a 2004 (Gobernos de José María Aznar) entraron en funcionamento 55Km/ano; e durante a pasada lexislatura, con Zapatero, abríronse unha media de 12,2Km/ano.

- En materia de licitación se comparamos o derradeiro trimestre do PSOE e do PP en Galicia, entre xaneiro e marzo de 2008 licitouse para Galicia 385,7 millóns de euros; mentres os tres últimos meses do goberno do PP a suma ascendeu a 1.100 millóns de euros, o que supón un 66% menos nos meses do PSOE que nos do PP.

No hay comentarios: