- Nada do que se comprometeu no anterior Cumio entre Touriño e Areces se cumpriu.
- No anterior cumio Touriño e Areces acordaron:
- Crear un observatorio do litoral que hoxe non existe
- O dragado da ría de Ribadeo, do que nada se sabe
- O desenvolvemento da Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón. Disto nada se fixo
- Executar no 2007 o tramo asturiano da senda verde que unirá San Tirso e Ribadeo. Algo que non se cumpriu
- E executar a ponte que uniría Trabada e Vegadeo. Que tampouco se realizou
- DEFUNCIÓN AO AVE GALICIA-ASTURIAS.- Touriño asinou o certificado de defunción do AVE Cantábrico. O goberno asturiano, apoiado por Touriño, xunto coa animadversión da Ministra de Fomento, fixeron que na actualidade o Ave transcantábrico estea anulado. O Ministerio de Fomento, co consentimento dos gobernos galegos e asturiano, anulou o estudo informativo encargado polo anterior Executivo central do PP e, como moito, podería adxudicar no futuro próximo un novo estudo, pero só para o tramo entre Santander e Bilbao.
- BALANZAS FISCAIS.- Touriño ten un grave problema de personalidade e outro de falla de liderazgo. En España coñécese cal é a postura de Montilla, de Chaves, de Barreda, de Areces... e a de Touriño é sempre a postura do compañeiro de partido que lle cadra nese momento ao lado.
Non veremos a Touriño dicir ó lado de Montilla o mesmo que dixo ó lado de Areces. Con comportamentos como este, Touriño demostra que nin está a altura dos seus compañeiros de partido que presiden outras comunidades e, moito menos, está á altura que precisa Galicia.
Agora Touriño e Areces móstranse contrarios á postura de Montilla sobre as balanzas fiscais. O malo é que, Touriño debe dicir que o que se comprometeu a facer públicas as balanzas fiscais foi Zapatero, no debate de investidura; que Galicia e Asturias suman menos que Cataluña no PSOE e que Touriño dixo si ao Estatuto de Cataluña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario