TRADÚCEME

24 abril 2008

O BIPARTITO DESENTÉNDESE DA MOCIDADE GALEGA

- Os socios do bipartito, e moi especialmente o BNG, pasaron de utilizar á mocidade como ariete co que atizar ao anterior Executivo do PPdeG, a desentenderse completamente dos seus problemas, cunha Dirección Xeral inoperativa tres anos despois de se producir o cambio de Goberno.

- O actual director xeral de Xuventude, o nacionalista Rubén Cela, pasará á historia como peor xestor da Autonomía, xa que no tempo transcurrido desde que accedeu ao cargo foi incapaz de sacar adiante un só proxecto novidoso.

- O único que fixo foi suspender boa parte dos programas herdados do anterior Goberno, a pesar do éxito acadado por todos eles. É o caso do desaparecido Plan Labora, para facilitar o acceso dos mozos ao mercado laboral; Conducción Segura, Agora Moto ou Non Sexas Dummie, para promover a seguridade vial; ou a Hipoteca Xove, que facilitaba o acceso a unha vivenda en propiedade en condicións vantaxosas.

- Noutros casos, o bipartito aplicou a censura e cambiou o nome e a filosofía dos programas. Así, Xuventude Galicia Net pasou a ser denominado Xuventude Galiza Net; Na Vangarda a GZ Crea.

- A nómina de compromisos pendentes de materializar polo actual Executivo bipartito é moito máis extensa: retraso na tramitación do novo anteproxecto de Lei de Xuventude, que o PPdeG deixara ultimado e que PSOE e BNG rexeitaron cando na actual lexislatura foi presentado como proposición de lei polo Grupo Popular; a inexistencia nunca nova sede para o Consello da Xuventude de Galicia, a pesar de que se comprometera para antes de concluír 2007; ausencia de medidas que favorezan a inserción laboral dos mozos ao rematar o seu período de formación.

- Se ben antes de formar Goberno PSOE e BNG dicían que o departamento con competencias en materia de xuventude debería ser unha Secretaría Xeral para dotar de transversalidade a esas políticas, o certo é que esa área é xestionada por unha Dirección Xeral, sen peso político a cunha nula capacidade para xestionar proxectos.

- A Comisión Interdepartamental de Xuventude da Xunta de Galicia non se reuniu nunca desde a chegada do bipartito.

- Cuestionar tamén que a Dirección Xeral de Xuventude estea “desaparecida” fronte a cuestións de tanto impacto como o botellón ou o anteproxecto de lei de drogas de Galicia, que ultima o PSOE desde Sanidade.

- Cando se produciu o cambio de Goberno, quedaban encima da mesa catro proxectos lexislativos: de creación do Instituto Xove de Galicia, de Xuventude, de Deporte, e de Voluntariado, Ningunha delas foi trasladada ao Parlamento, pero tampouco alternativas saídas do novo Goberno nestas mesas áreas.

No hay comentarios: