Sanidade admite peches temporais das citas pola escasez de médicos
Facultativos aseguran que as citas péchanse para maquillar as estatísticas
Alomenos sete servizos teñen restrinxida a admisión de enfermos
Longas colas para conseguir hora. Os grupos de ata cincuenta persoas que esperan para solicitar unha cita médica se converten xa en algo habitual
En Vigo, cirurxía vascular, xinecoloxía e cardioloxía soportan as maiores esperas. A Xunta admite que a situación é moi mala.
- O presidente da Xunta debe explicar aos galegos por qué mentiu no Parlamento sobre a grave situación que atravesa a Sanidade Pública galega
- O PPdeG considera, ademais, que a actual conselleira está deslexitimada para capitanear as melloras que precisa o sector, posto que ata agora non mostrou máis que incapacidade e falta de sentido común.
-O PPdeG reitera que mentres Touriño e Rubio se dedican ao intercambio de altos cargos, os problemas amoréanse nos centros de saúde e nos hospitais, as listas de espera increméntase malia as manobras de ocultamento e as urxencias satúranse un día si e o outro tamén.
- Non queda un só colectivo sanitario sen manifestarse en contra do Goberno; as listas de espera oficiais seguen crecendo, e as extraoficiais, aquelas cuia existencia segue negando o Goberno, son cada vez máis e compostas por máis xente. Con 50.000 persoas esperando unha intervención cirúrxica e 300.000 agardando unha consulta médica, o cambio de modelo urxe.
- Sanidade adiantou a cita á paciente á que non emprazou ata novembro de 2009 para realizarse unha mamografía, pero só tras ver a repercusión mediática que tivo a denuncia formulada polo PPdeG.
- O PPdeG non pode senón alegrarse pola decisión da Xunta de solucionar o caso desta persoa, pero lamentan que o Goberno galego non trate senón de escapar da presión dos medios xurdida tras a denuncia do Grupo Popular.
- Só tralas denuncias do PPdeG a Xunta volveu a abrir as axendas nos centros da área de Monforte, pechadas desde fai semanas, e que viñan denegando aos pacientes citas para someterse a probas diagnósticas, intervencións ou ata consultas cos especialistas.
- Isto non fai senón evidenciar que o Goberno galego só se move respondendo aos seus propios intereses, actuando fronte á crise sanitaria só cando a súa imaxe pública se pode ver afectada a través dos medios de comunicación, pero non cando os galegos padecen os efectos dun sistema mal xestionado, lento e que deriva en mil e unha complicacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario