O sistema está colapsado e require da adopción de medidas urgentes
144.000 casos pendentes de resolución
20.399 asuntos penais en trámites de execución
- Trala reunión coa Asociación Profesional da Maxistratura, que obtivo a maioría absoluta nas últimas eleccións á sala de goberno do TSXG (gañando o 100% das prazas electivas), o PPdeG mostrou unha vez máis a súa preocupación pola situación que atravesa a Xustiza en Galicia.
- Na Comunidade, a día de hoxe, hai 144.000 casos pendentes de resolución -un 29% máis que en 2005- e ata 20.399 asuntos penais en trámite de executarse.
- É vital que se adopten medidas urxentes que corrixan esta situación.
- O PPdeG ofrece ao resto de grupos un Pacto pola mellora da xustiza en Galicia; un acordo marco a desenvolver polo conxunto de forzas da Comunidade chamado a acabar coas montañas de expedientes sen revisar, de sentenzas sen cumprir; un acordo inicial de sete puntos que poida ir marcando o camiño cara a unha Xustiza en Galicia moito máis eficaz e avanzada.
- PROPOSTA DO PPDEG que recibiu o apoio da Asociación de Profesionais da Maxistratura:
1. Recuperar, de cara á seguinte lexislatura, a Consellería de Xustiza.
2. Crear un grupo de traballo no que participen representantes do Poder Xudicial e do funcionariado ao servizo da Administración de Xustiza que identifique os problemas e as deficiencias da planta xudicial en Galicia.
3. Adopción de medidas conxunturais que estudIen reforzos puntuais para acelerar a execución das sentenzas pendentes.
4. Identificación das necesidades de medios persoais e materiais, especialmente en asuntos referidos ás novas tecnoloxías e comunicación, que mecanice e axilice algúns procesos.
5. Modernización das oficinas xudiciais para optimizar o traballo que vén realizando nelas, e sempre de acordo co persoal que represente aos traballadores.
6. Continuación e aceleración do plan de infraestruturas xudiciais.
7. Tramitación dunha proposición de lei conxunta ante o Congreso dos Deputados para que se transfiran a Galicia as competencias en materia de demarcación xudicial.
- A Xustiza non foi unha prioridade para a Xunta, que empezou a lexislatura suprimindo a Consellería de Xustiza e vaina pechar con bloqueos de novos xulgados á Comunidade.
- Hai que lamentar tamén que o Goberno galego non acepte as recomendacións do TSXG, que reclama 28 novas unidades xudiciais. En lugar diso, a Xunta só reclama 7 ao Ministerio, o 25% das necesidades reais da Comunidade.
- Recordar que a aplicación das sentenzas penais pendentes equivalen ao traballo dos 20 xulgados específicos da Comunidade durante todo un ano, o que equivale a dicir que a Xustiza galega acumula un ano de atraso.
- Dous exemplos do desinterese da Xunta pola Xustiza:
- Novo edificio xudicial de Ourense. O bipartito comprometeuse a iniciar este ano pero con 0 euros de presuposto. O PPdeG introduciu unha emenda a eses orzamentos para que se destinasen dous millóns para ese efecto e os partidos que sustentan ao bipartito dixeron non.
- Cidade da Xustiza de Vigo. Executáronse durante 2007 só 211.000 euros dos 650.000 contemplados inicialmente, a pesar de ser unha obra que urxe para solucionar a saturación dos xulgados na zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario