TRADÚCEME

24 abril 2008

TOURIÑO E QUINTANA AUSENTÁNDOSE DA COMPARECENCIA DO VALEDOR DO POBO

- Tanto o presidente como o vicepresidente da Xunta non asistiron á comparecencia na que o Valedor do Pobo informou ao Parlamento sobre o informe anual correspondente a 2006, evidenciando unha absoluta falta de respecto institucional.

- A ausencia de Quintana e Touriño durante a comparecencia do Valedor escenifica o intento do Bipartito de desligarse desta institución estatutaria, tratando de evitar os cuestionamentos que con frecuencia deixan mal parada a xestión do Executivo galego.

- Esta actitude tampouco resulta estraña para un Executivo xa habituado a ignorar informes e ditames preceptivos de órganos como o Consello Económico e Social ou do Consello Consultivo, malia que en ocasións teñan advertido serias eivas de legalidade.

- A intervención de Benigno López na Cámara só foi seguida polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

No hay comentarios: