TRADÚCEME

24 abril 2008

GRAVE CRISE NO SISTEMA SANITARIO GALEGO

A Xunta pode ocultar a lista de espera, pero non pode ocultar os nomes e apelidos dos galegos que están a esperar.

50.000 persoas agardan unha intervención cirúrxica e 300.000 están a espera dunha consulta

- A sanidade pública galega está hoxe peor que hai tres anos e aída que a Xunta o queira ocultar, a súa incompetencia non cura enfermos.

- Son máis de 50.000 persoas as que agardan unha intervención cirúrxica e 300.000 as que están á espera dunha consulta.

- A Consellería de Sanidade leva 13 ceses en 3 anos, o que supón que polo Consello da Xunta pasan máis ceses que propostas para mellorar a sanidade.

- ¿Non sería mellor substituír á adestradora da sanidade galega, que expulsar a trece xogadores?.

- Galicia estivo sen sangue seis veces en dous anos e houbo que suspender intervencións por este motivo.

- En tres anos non queda colectivo sanitario por manifestarse ou ir á folga como método de protesta contra a xestión do bipartito.

- Temos a Consellería das esperas intolerables e falsas:

- Lista de espera para o médico de cabeceira. En algunhas localidades hai que esperar unha semana para o médico de familia
- Nas consultas de especialista hai esperas de máis dun ano e como exemplo temos as mamografías en Ourense, con cita para novembro de 2009
- A Conselleira recoñeceu fai un ano 12.400 pacientes que esperan e non están en lista de espera ¿cantos hai hoxe?

- Dos 90 centros de saúde que o PPdeG deixou hai tres anos en construcción ou reforma, a gran maioría están paralizados e non comezaron as obras do hospital de Lugo, Vigo e O Salnés.

- Hai hospitais nos que as axendas de especialistas están pechadas e a xente nin sequera pode apuntarse nas listas de espera:

- Cardioloxía de Pontevedra acumula desde 2006 a dos mil pacientes nunha lista oculta
- Máis de 1.300 mulleres quedáronse sen cita en xinecoloxía porque o Xeral de Lugo anulouna
- Agraden a unha enfermeira en Lugo porque non lle deron cita para ir ao cardiólogo
- Hoxe, ás 9.00 horas, no Hospital de Monforte, Amelia Naviera López, pediu cita de xinecoloxía e negáronlla porque non dan cita
- Dende o Hospital de Monforte remitiron unha carta a un paciente dicíndolle que a súa cita de 24 de abril na consulta de xinecoloxía foi anulada ata novo aviso

No hay comentarios: