TRADÚCEME

24 abril 2008

PSOE E BNG REXEITAN A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN XUNTA-GOBERNO CENTRAL PARA O SEGUIMENTO DAS INFRAESTRUTURAS

- O PPdeG reclamou o apoio de socialistas e nacionalistas para constituír unha Comisión Mixta para avaliar o estado das obras públicas pendentes de executar en Galicia e acadar un pacto no que se concreten as datas de posta en servizo dos trazados de autovía e alta velocidade ferroviaria que permanecen sen executar.

- O antecedente da discriminación á que a ministra de Fomento sumiu a Galicia na pasada lexislatura levou ao PPdeG a propoñer que Magdalena Álvarez fose excluída desa Comisión, para ser presidida pola titular de Administracións Públicas, a galega Elena Salgado, que debería coñecer as carencias da Comunidade Autónoma no referido ás obras públicas.

- Pero unha vez máis PSOE e BNG antepuxeron os seus intereses partidistas aos intereses de todos os galegos e rexeitaron no Parlamento esta proposta. Despois de dicir que non á proposta do PP e Quintana anuncia unha Comisión

- Hai que recordar que a ministra de Fomento foi salvada dunha reprobación cos votos do BNG.

- O PPdeG reclamara, tamén, como medida paralela á Comisión Mixta, a celebración dunha reunión urxente entre unha delegación de deputados do Parlamento de Galicia e representantes do Ministerio de Fomento para coñecer a situación real das infraestruturas pendentes de executar en Galicia a día de hoxe e que os representantes do Goberno expliquen como pretenden poñer en servizo en 2012 o Ave de conexión de Galicia coa Meseta.

- Hai que lembrar asimesmo que Cataluña dispón desta comisión desde o pasado 8 de xaneiro.

- Sete anos despois de iniciarse, o 73,42 % do Ave galego continúa en fase de estudio ou proxecto, con cero quilómetros de vía electrificada.

- Os incumprimentos son semellantes no referido ás autovías e vías de alta capacidade, que teñen pendentes de executar os orzamentos e tramos que se detallan:

• Autovía do Cantábrico (A-8): 458,9 M€ // 85,7 km
• Autovía Santiago-Lugo (A-54): 337 M€ // 80 km
• Autovía Ourense-Lugo (A-56): 248 M€ // 68,5 km
• Autovía Pontevedra-Confurco (A-57): 400 M€ // 50 km
• Autovía Ourense-Ponferrada (A-76): 1000 M€ // 150 km

- A conclusión é que o Goberno central ten paralizados ou retrasados 432,2 km de vías de alta capacidade, con un total de 2.400 millóns de euros sen executar

O PSOE trata de ocultar a súa incompetencia responsabilizando novamente ao PPdeG da situación de crise da Sanidade pública galega

A realidade demostra que os datos teñen empeorado substancialmente desde que se produciu o cambio de Goberno, hai xa tres anos

Esquécese de que cando o PP accedeu ao Goberno recibiu a Seguridade Social en quebra e cando se foi a deixou saneada

- O verdadeiro “disparate” é que a Xunta se limite a complementar as pensións non contributivas dos galegos -as máis baixas, con contías que roldan os 350 euros- con tan só 14 euros mensuais, mentres que o Goberno central se dispón a aboar un complemento de 400 euros, incluídos todos os deputados.

O PPdeG expresa o seu apoio aos Gobernos autonómico e central no caso do secuestro do pesqueiro Playa de Bakio.-

- O PPdeG expresa o seu apoio aos Gobernos autonómico e central e reitera o desexo de que se poda acadar unha pronta solución satisfactoria para o secuestro do pesqueiro Playa de Bakio, retido por un grupo de piratas fronte ás costas de Somalia.

No hay comentarios: