TRADÚCEME

24 abril 2008

CONGRESO PROVINCIAL DO PP DA CORUÑA SERÁ O 31 DE MAIO.

Coa renovación do PPdeG estase a formar a opción de liberdade, eficacia e limpeza que os cidadáns non atopan na Xunta.

- O PPdeG está a cumprir co seu compromiso de renovarse. E con esta renovación, estase a formar unha opción de liberdade, eficacia e limpeza que hoxe os cidadáns non atopan na Xunta.

- O PPdeG é máis necesario que nunca en Galicia porque somos o carril que fai falla para desatascar o camiño que os galegos queren percorrer e que o Bipartito está a obstaculizar.

- Ante un bipartito dividido é necesario un equipo capaz de prever, planificar e dar resposta ante os problemas que se atopan os cidadáns.

- O Congreso provincial do PP da Coruña será libre e aberto, porque o mellor modo que un partido ten de renovarse é a través da democracia interna e da participación de todos os afiliados

- Deste Congreso, o PP da Coruña sairá reforzado como partido, como equipo e como alternativa.

- O PPdeG agradece a Juncal o seu traballo e a súa xenerosidade. Despois de representar estes 4 anos aos afiliados do PP da Coruña, a súa responsabilidade será no Senado.

No hay comentarios: