- SECTOR LÁCTEO.- o PPdeG mostra a súa solidariedade e preocupación pola situación que está a atravesar o sector leiteiro en Galicia, que desde 2005 padece os efectos negativos da descapitalización que produciu o intervencionismo do Goberno no mercado de compra-venda da cota leiteira.
- Lonxe de ter mellorado a súa situación, hoxe está a sufrir importantes baixadas no prezo do leite en orixe, con perdas de entre 6 e 10 céntimos de euro por litro. E a supresión do sistema de cotas prevista para o 2015 pode supoñer unha importantísima perda patrimonial das explotacións.
- Do mesmo modo, o PPdeG mostra o seu rexeitamento ao acordo que unilateralmente, sen ter en conta a opinión do sector, a Ministra de Agricultura adoptou en marzo no marco do Consello de Ministros da UE e que establece un incremento do 2% da cota leiteira para todos os países da UE. Un acordo insuficiente e prexudicial para os intereses dos gandeiros galegos que non competirán en igualdade con outros productores.
- O PPdeG canalizará as solicitudes do sector nas Cámaras nas que participa e presentará unha batería de iniciativas que supoñan un impulso real ás súas actividades.
- SECTOR CÁRNICO.- subliñar a baixada de prezos en orixe da carne de vacún, que produciu nos gandeiros galegos perdas de entre 60 e 90 céntimos por quilo, e que desestabilizan e non fan rentable o mantemento de moitas explotacións. Unha situación que se une ao forte incremento dos custos de producción aos que teñen que facer fronte os gandeiros, con subas de ata o 100% no prezo dos fertilizantes, incrementos do 30% no prezo dos piensos, de 80 céntimos por litro nos combustibles ou de 40 euros nas cotizacións da Seguridade Social.
- PROPOSTAS.- o PPdeG aposta por adoptar axudas directas de mínimos de 3.000 € por explotación durante tres anos; ampliar as axudas indirectas ata os máximos da normativa comunitaria; buscar solucións para afrontar a suba do prezo do gasóleo; promocionar o consumo de carne de vacún; e esixir un mercado no que a competencia cos outros membros da UE se dea nas mesmas condicións e requisitos que se lle esixe ao sector galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario