- O PPdeG acusa á Xunta de intentar privatizar de forma encuberta o sector bateeiro galego, colocando ás persoas que agora o explotan nunha situación delicada e en inferioridade de condicións respecto de grandes empresas e multinacionais.
- O anteproxecto de Lei que xa ten a Consellería colgado na súa web limita a transmisión das bateas por mortis causa ou inter vivos ata curmáns ou cuñados (cuarto grao de sanguinidade e segundo de afinidade).
- Establecer limitacións ás transmisións dos dereitos das bateas non fai máis que prexudicar ás persoas físicas, non ás xurídicas. Deste xeito, os bateeiros deberán crear sociedades para poder competir de igual a igual coas persoas xurídicas (pequenas empresas ou ata multinacionais) que opten a eses dereitos de explotación. Só así poderían esquivar os efectos perversos desta lei.
- Son as 20.000 familias que viven do sector -moitas delas traballando no mar desde fai máis de 50 anos- as principais prexudicadas con este proxecto de lei.
- Os produtores lexítimos ven agora perigar o seu futuro ante as grandes multinacionais. Estamos a falar dun sector que implantou unha serie de avances técnicos impulsados por eles mesmos e que a día de hoxe son referente mundial; por iso merecen un respecto por parte da Administración.
- En Galicia hai máis de 3.515 bateas e preto de 1.190 parques de cultivo de moluscos.
- O PPdeG insta á Xunta a que, á hora de outorgar concesións teñan prioridade as persoas que foron últimos titulares de devanditos dereitos de explotación, os aspirantes máis cualificados segundo polos propios certificados que expide Pesca, e os que máis experiencia profesional teñan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario