- Esta fin de semana cumpríronse 50 días desde as eleccións e o balance do Goberno é francamente desalentador:
- Un cambio de criterio en materia de política de aguas respecto ao que os socialistas proclamaron ao longo de toda a campaña electoral.
- Unhas medidas económicas insuficientes para atallar as consecuencias da situación económica nas familias españolas.
- Unha preocupante ausencia de explicacións ante a crise do aceite de xirasol.
- Unha absoluta falla de resposta ante o caos que vive a Administración de Xustiza.
- O Partido Popular solicitou a comparecencia no Congreso dos Deputados do Ministro de Sanidade e Consumo e da Ministra de medioambiente, medio rural e mariño para que dean conta da alarma social que xeraron en relación coa crise do aceite de xirasol contaminado.
- A desmesura coa que se actuou e as contradiccións nas que incorreu o Goberno causaron un grave dan á imaxe dun producto de consumo masivo como é o Aceite de Xirasol e os españois merecen as explicacións pertinentes.
- O Goberno segue sen reaccionar á galopante crise económica. Só no último trimestre, se incrementou o paro en 250.000 persoas e xa son máis de 500.000 as familias nas que ningún dos seus integrantes está traballando.
- O Goberno non se da por aludido e responde cun decreto de medidas a todas luces insuficiente que non deixou contento a ninguén. Organizacións empresariais, como a CEOE ou o Círculo de Empresarios, sindicatos como CC.OO, organizacións de consumidores e a maior parte de analistas considera pouco adecuadas as medidas e reclaman reformas estructurais.
- O mellor exemplo é a medida dos 400 euros que se vendeu como a panacea de todos os problemas e, en realidade, nin alcanza os 400 euros na maioría dos casos nin axuda máis aos que máis o necesitan.
- Mentres o Presidente do Goberno segue coa resaca da noite electoral e ten a axenda menos cargada que en Agosto, os españois fan fronte a unha crise económica de proporcións descoñecidas, a uns servizos públicos que non funcionan, como o demostra que haxa 270.000 asuntos pendentes nos xulgados penais e na desconfianza que gratuitamente xerou o Ministerio de Sanidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario